CHINA

 A VOLTA AO MUNDO 2020/2021



                                                             27-02-2021
Rematamos coa India e viaxamos á CHINA!!! 
En 3 anos acompañamos ós compis de 4 e 5 na súa viaxe á China e fixémolo comezando o 12 de febreiro con motivo da celebración do ano novo chino!!!!
Para isto estivemos vendo os lumes de artificio que tiran por esta celebración e outros vídeos das súas celebracións para ese día!!!


Continuamos descubrindo que en China, cada ano correspóndese cun dos 12 animais tradicionais en China e este ano 2021 relaciónase co ano do BOI ou BÚFALO!!



Logo achegámonos a roda dos animais para comprobar o ano no que naceron os nenos e nenas da clase e descubrimos que naceron no ano do GALO!!!!

Esta semana estivemos vendo os materiais que nos aportou DANIELA e a súa familia! Imos a ir investigándoos pouco a pouco para poder ir parando en cada cousiña.
Comezamos vendo un par de vídeos moi chulis!
O primeiro era unha canción moi simpática que nos encantou!!

O segundo era un vídeo para achegarno a CHINA xenial!!!
Observamos un par de imaxes con iconas de CHINA que nos mandou e comentamos algunhas da cousas que xa íamos coñecendo e as que aínda non e que teremos que investigar nas próximas semanas.
Os OSOS PANDA son unha das primeiras cousas das que falamos na clase sobre China e que nos encantou.
Os farolillos chinos, o mapa de CHINA, e os DRAGÓNS son cousas que investigamos estos días e como vedes quedan unha chea de cousas por ver!!!

Dos osiños panda vimos uns traballiños que trouxeron ENZO e IZAN e que nos encantaron. ENZO e IZAN contaron que os OSOS estabas comendo unhas "herbas" que  descubrimos que se chaman BAMBÚ.
Logo buscamos vídeos de pandas para coñecelos un pouco máis. Son moi chulos e o que nos abraiou foi cómo se moven e cómo se comportan con persoas que os coidan. Tamén nos gustou ver como fan para codalos e liberalos cando están preparados.
Deixamos un par dos vídeos que nos gustaron sobre eles.



A raíz do que vimos dos osos panda e de CHINA comezamos a ver unha peli que transcorre na CHINA, na que sae un OSO PANDA e na que aparecen moitas cousas que imos a ir investrigando. Xa imaxinaredes que é KUNG FU PANDA!!! E iremos véndoa a cachiños.
Aproveitamos para comezar as investigacións sobre algúns dos ANIMAIS protagonistas chinos: MANTIS, MONO DOURADO, TIGRESA,PANDA, GRULLA, VÍVORA e PANDA ROJO.

Tamén buscamos un vídeo sobre KUNG FU e deixamos o que máis nos sorprendeu!

Seguiremos investigando sobre a peli e o KUNG FU  a próxima semana!

Daniela tamén nos falou dos dragóns en China : "O dragón é un símbolo de forza e fortuna en China. Representase como unha serpe de catro patas, orellas de touro, cornos de boi e escamas."
Amosounos unha manualidade de DRAGÓN xenial que elaborou na casa.

Así continuamos investigando sobre os dragóns.
Lemos que coas celebracións do ano novo chinés e comezan as celebracións da primavera e que neste tempo fan a DANZA DO DRAGÓN polo que investigamos un pouco máis!!
Comezamos buscando esta danza para ver de qué se trataba e abraiámonos cos saltos e co real que parecía!!! 



Logo investigamos sobre de onde viña o da danza do dragón e descubrimos a lenda do DRAGÓN  NIAN:


"Antigamente China adoitaba rezar por unha colleita abundante e, ademais, durante o ano novo tamén se facía todo o posible para afastar a NIAN, un DRAGÓN que aparecía nas aldeas e se alimentaba de gando ou nenos pequenos. Só se podería afastar facendo moito ruído e manexando obxectos vermellos.
Para falar de como se celebra o Aninovo chinés, hai que falar de ruído, pólvora, foguetes e ceos cheos de cor. Lembra que tes que expulsar ao malvado dragón Nian e que para iso o ruído é moi importante".

Deixamos un par de vídeos que vimos na clase para saber máis das celebracións de ano novo.

Comezamos tamén a decorar uns DRAGÓNS xeniais!!!

Continuamos con información de DAVID sobre CHINA que nos explicu que a imaxe primeira era CHINA e a súa bandeira que é vermella e cons estrelas amarelas. Dixo que era moi grande! 

ENZO traballou duro e amosounos a BANDEIRA feita por el mesmo e coas letras de cores, quedoulle xenial e amosounos con detalle cómo era, contamos as estrelas e recordamos ben as cores e démonos conta unha vez máis do importante destas dúas cores na CHINA.

IZAN amosounos tamén a súa BANTEIRA e explicou como a decorara. Tamén quedou moi chula!!!

Vistas as súas bandeiras decidimos visitar CHINA varias veces en GOOGLE MAPS investigando cómo son as súas rúas, xentes e paisaxes e encantounos! Polo que de vez en cando visitámola!

Visitada unha e outra vez rematamos a semana buscándoa nun mapa e decorand a súa bandeira con témperas.
Son uns artistas e está claro que estiveron moi moi atentos!!!!



A próxima semana máis!!! Grazas por seguir colaborando!!!

En catro anos comezamos a semana cunha foto de Adán na que nos amosaba unha bandeira, un gorro e un oso panda comendo bambú, fixemos as nosas investigacións e descubrimos que a bandeira era de China, que se atopaba no continente Asiático moi cerca da India e viaxamos a ese país e mais concretamente a HONG KONG.



 

A familia de Beatriz mandounos  unha presentación que nos explicou na clase, agora temos que seguir investigando na aula pouco a pouco as cousas das que nos falou.

Xiana fixo un DEN- DEN DAIKO é un tambor do que penduran dúas cordas e ao facelo xirar sona,
é un xoguete de percusión moi usado polos/as nenas na China.

 




En cinco anos comezamos cun vídeo de JOEL onde aparecen moitas curiosidades da China

 





ALBA explicounos no seu vídeo algunhas das tradicións da China como é comer arroz con palillos, a
súa muralla, o zodíaco  e a súa forma de vestir


Tamén nos falou dos Dragóns e investigando vimos que era unha tradición a DANZA DOS DRAGÓNS,vimos uns vídeo de como eran e despois fixemos o noso.






ANTIA  contounos como era a bandeira deste país, onde estaba no mapa e a súa gran muralla


Deixámosvos un vídeo da historia da bandera China e o seu significado:


E o seu Himno




Despois de facer a bandeira tamén viaxamos ata HONG KONG


                                                             07-03-2021
Esta semana, na clase de 4º de infantil, investigamos sobre cousiñas que nos enviou LUCÍA RÍO. 


Así, LUCÍA comezou recordándonos cómo era a BANDEIRA e as súas cores. Logo, paramos a investigar sobre o sombreiro típico chino que fixo na casa e averiguamos que ten distintos nomes, pero na China parecen chamalo DOWLEY. Lucía fixo un moi chulo coa cartolina e círculos de cores, quedoulle xenial!!!
Tamén traía imaxes da que nos explicou que se chamaba GRAN MURRALLA CHINA. Así que buscamos información. Atopamos moita, pero o que máis nos gustou foi a deste este vídeo que vos deixamos. 


LUCÍA mostrounos un PANDA moi chulo que decorou e recordamos os de ENZO e IZAN.

Recordamos todo o investigado sobre os PANDAS e continuamos con ésa tarefa: viven preto de bosques de BAMBÚ porque é o que máis comen, son moi importantes en CHINA, son moi moi trastes e trepan áxiles. Logo fixemos un puzzle que se lles deu moi ben!

XELDA, pola súa parte amosounos unha familia china cun xogo de cartas que tiña na casa!!! Foinos presentando ós personaxes principais e describindo cada carta. Chamounos especial atención a roupa que vestían. Sinalounos que a nai tocaba un instrumento especial que pronto imos investigar.  Tamén nos amosou á avoa servindo o té.

Ademais mostrounos unha foto que trouxo dunha folla que nos explicou que era dunha árbore china que se chama: GINKGO. Investigamos e resulta que se emprega, entre outras cousas, para facer infusións  e na china ten fins medicinais.


Tamén XOEL nos falou das súas fotos e veunos moi ben, xa que estabamos a voltas cos dragóns e iso foi o que nos mostrou: un super DRAGÓN!
XOEL explicou que fixo o seu DRAGÓN empregando papel de cor, pinturas, tesoiras e pegamento. Que doulle moi ben e o melloré que se move!


De paso rematamos os adornos de dragón que tiñamos a medias da semana anterior cortando e pegando papel de seda das cores típicas e quedaron moi ben colgados na clase para decorar.


A semana pasada tamén decidiron que faríamos carautas de DRAGÓN NIAN  para xogar na clase e quedarón xeniais. pintaron con rotus e témperas e picaron os ocos dos ollos para poder ver. Pasárono moi ben xogando con elas!


XOEL explicounos que practicou a comer con PALILLOS chinos e que non fora nada sinxelo!! Recordamos a imaxe que decorara ENZO e probanos na aula a ver qué tal se nos daba iso de agarrar cousas cos palillos e non se deu de todo mal!




Outra cousa que experimentamos esta semana foi o TAI CHI unha práctica de relaxación e meditación moi popular na CHINA e que nos resultou bastante complicada! Vimos algúns vídeos a cachiños.




En catro anos comezamos a semana cunha foto de HUGO onde tiña posto un gorro chino, un dragón e uns farolillos.


Investigamos ca diferencia dos Dragóns Chinos a os occidentais é que non son inimigos que teñen que ser vencidos, son símbolos de riqueza sabedoría e poder e forman parte da vida cotidiana:

Atopámolos nos templos e palacios

Nos desfiles do ano novo e festivais

Artículos de porcelana, pinturas bordados

E na poesía, lendas, o zodíaco

Na época do Nadal decoran todo de cor vermello e dourado, en lugar de bolas brillantes poñen faroles vermellos, as lanternas vermellas son un símbolo de vitalidade e prosperidade e atópanse por todas partes.

E árbores de laranxas e mandarinas KUMAT en lugar de abetos, símbolo de fortuna e riqueza.


ZOE amosounos o seu  panda e o bambú


Un fermoso animal moi querido en China que alimentase de bambú maioritariamente

 ANTÓN na casa ten un puzzle de pandas e unha boneca de Mulan, quédanos pendente ver a película onde Mulan para evitar co seu pai enfermo vaia o exercito, vístese como un home e decide ir ela, apoiada por Mushu un dragón parlante e  Cri-Kee un grilo da sorte.


 En cinco anos esta semana estivemos vendo o traballo de LUIS coa súa madriña falounos do WUSHU é un deporte chino relacionado cas artes marciales, LUIS explicounos unhas posturas e nos fixémolas, ao longo das semanas seguiremos practicándoas.

VIDEO DE LUIS (PREMER)



DAMIÁN contounos o que  fixo ca súa familia, traduciu os nomes de todos os nenos a Chino e ademais escoitámolos, algúns eran parecidos e outros non.

Tamén vimos un xornal e búscamos letras nel, leeimos algunha palabra das que atopamos...despois vimos un xornal da China e non se parecía en nada as nosas letras estas eran como debuxos e parecíannos moi difíciles de facer.



 A semana  que ven é a semana da prensa e seguiremos traballando cos xornais

                                                             13-03-2021

O día 8 de marzo foi o día da muller e nesta semana traballamos sobre esta conmemoración tamén relacionándoa co proxecto que nos ocupa. Para iso achegámonos á lenda de HUA MULÁN, unha muller china que loitou durante 12 anos disfrazada de home como un máis mentres ocupaba o lugar do seu pai. 
Gustounos a historia e comezamos a ver a película de Disney que se inspira na súa lenda. Imos véndoa pouco a pouco e parando a miúdo para fixarnos en todo, xa que agora que sabemos máis dámonos conta de moitos detalles. Por exemplo, cando come cos palillos, as decoracións en vermello e con dragóns, cando serven o té...  Encantounos cando saíu a GRAN MURALLA CHINA ó comezo. Tivemos que parala instantaneamente, xa que a coñecemos rapidamente, e cando chegaba o exército inimigo prendían os lumes de aviso tal e como víramos no vídeo sobre esta construción. Emocionámonos moito ó velo!
Ademais xusto acababamos de ver a presentación de MARTÍN na que os ensinou unha manualidade dunha reprodución dun anaco da Gran Muralla. Explicounos como a fixo e abraiounos comparala coa da peli, era igualiña!!! Martín recordounos todo o que recordaba dela: que era para defenderse dos inimigos, que era moi moi longa e de pedra, que había unhas torres ó redor para visitar e avisar con lumes se chegaban os "malos". Fíxoo moi ben!
Fixeron uns debuxos deles mesmos de guerreiros e guerreiras chineses e quedaron moi simpáticos.

XOEL tamén nos trouxo unha manualidade moi chula que nos ensinou con detalle. Recordamos esta decoración típica en China e explicounos como a fixo empregando unha cartolina, cores e cortando con coidado coas tesoiras. Gustounos un montón!

Esta semana foi bastante ocupada, xa que, ademais do día da muller, tamén conmemoramos a SEMANA DA PRENSA. Para isto, traballamos con xornais. Comezamos falando sobre que é un xornal e para que serve e logo dun rato dando as ideas  fixámonos nas partes básicas do xornal: nome, título, foto, texto da nova... Comparámolo cos contos vendo en que se parecen e diferencian. Por último vimos un xornal chino e pareceunos moi curiosa a súa forma de escribir!

Tamén aproveitamos para achegarnos a un invento chino relacionado cos xornais e con contar cousas: o PAPEL!! Para meternos de cheo fixemos papel reciclado con xornais antigos que tiñamos gardados.
Comezamos facendo cachiños e meténdoos a abrandar en auga un  día completo. Logo batemos ben e mesturamos. Feito isto tocou empregar unha reixa para escorrer  pasta, quitamos o exceso de auga e deixamos a secar.


O día seguinte tocou empregalo! Pegamos un anaco nunha ficha sobre o papel e decorámolo cunha flor polo de que en china é tempo xa das festividades de primavera e quedou moi ben!

Seguindo co idioma, esta semana tamén aproveitamos para ler un conto en chino, pero coa axuda dunha tradución. Falamos de que existen distintos idiomas e repasamos palabras que coñecemos en castelán, galego, inglés... Xa falaramos noutras ocasións de que en China escribían de forma diferente e mesmo xogamos a traducir no tradutor de Google, pero esta semana fomos máis alá. Así, falamos de que hai tradutores, e de como grazas a eles  podíamos ler o conto en chino. Gustounos moito ir lendo e vendo as imaxes e tentar adiviñar que contaría co conto mediante os debuxos antes de ver a tradución. Foi moi divertido!

E por último en relación o chinés fixemos os nosos nomes!!! 


Quedaron espectaculares e iso que algúns eran especialmente complicados! Xa os temos decorando a clase.

Nestes días tamén falamos do teatro de sombras e vimos un vídeo que nos encantou, polo que decidimos facelo en clase. Primeiro probamos a facer formas coas nosas mans co noso proxector e saíunos moi ben o caracol, o cangrexo e a pomba. Logo, como acababamos de rematar a peli de KUNG FU PANDA, decidiron que querían algo de kung fu e buscamos siluetas en google. Elixiron unhas dun neno e unha nena practicando este deporte. Decoramos e picamos as siluetas e o venres por fin puidemos probar cun KAMISHIBAI do cole e gustounos moito!!


Logo, vendo o venres un anaquiño de MULÁN, fixámonos en que o DRAGÓN MUSHU emprega as sombras para facerse ver máis grande, un efecto co que xusto acababamos de experimentar co Kamishibai. Están moi atentos!

Rematamos a semana vendo instrumentos musicais da China e uns gustaron máis que outros...
Recordamos a Danza do Dragón e achegámonos a algún instrumento musical:
-DIZI
-GUQUIN

A próxima semana continuaremos con varias investigacións que nos quedaron pendentes!

En catro anos comezamos a semana coa celebración do día da muller e co visionado da película de Mulan da que nos falou ANTÓN onde unha muller disfrazouse de home para poder estar no exercito no nome do seu pai e así poder salvar o seu pobo e converterse nunha heroína


LOIS contounos que na súa casa ten un oso panda da China


Tamén seguemos practicando TAI CHI que nos deixa moi relaxados para traballar despois.


Esta semana conmemorase a semana da prensa  polo que aproveitamos para falar nas aulas de catro e cinco anos para que serven os xornais dixeron que para ler, facer os xogos, pintar, encender o lume, facer avións, barcos...pero decidimos usalo para facer outros papeis novos unido a China xa que alí é orixinario o papel, un emperador comenzou a facer follas de papel mesturando teas, vexetais, redes de pesca...

Primeiro os observamos e buscamos letras e palabras neles, despois poidemos observar un xornal Chino e nos dimos conta que era mais grande có noso e cas súas letras eran como debuxos moi difíciles de facer, buscamos no tradutor como se escribían os nosos nomes e dicían que nos gustou moito e tamén os números que eses era mais fáciles de facer.



Segundo desfixemos o xornal e o metemos nunha tina con auga






Terceiro co batedor  batemos o papel



Cuarto decidimos que cor usariamos para darlle cor a folla de papel na clase de catro anos despis de facer unha votación saíu a cor violeta e na clase de cinco anos a cor vermella.

Quinto cunha rejilla escorremos o papel e lle quitamos ben a auga





Sexto deixámolo secar ben estiradiño para que non colla formas...

E por último a semana que ven!

BREIXO construiu unha réplica dun palacio da Cidade Prohibida, no interior e arredores do palacio introduciu distintos elementos da cultura China.



Deixámosvos un vídeo!

Na clase contounos que o palacio da Cidade Prohibida tiña guerreiros de Terracota no piso de abaixo que son unha colección de esculturas feitas en terracota que representa aos exércitos de QIN SHIHUANG o primeiro emperador de China, é unha forma de arte funeraria co propósito de protexer ao emperador na súa vida futura.



no segundo piso  tiña cerámica de China, onde é un arte de extrema antigüedades xa que en China foi onde produciron a primeira cerámica do mundo


 tamén un gong un instrumento de percusión musical, tratase dun disco metálico con bordes curvados é moi coñecido en China.



e unhas persoas facendo karate que nos recordaron ao Wushu que nos enseñou Luis


Tamén na parte de fora había un oso panda comendo bambú

Despois de todo o que nos contou Breixo investigamos as PADOGAS é un tipo de torre de capas múltiples, moitas foron construidas para ter unha función relixiosa.


NAIA enviounos unhas máscaras do zodiaco que fixo coa súa familia 


e un vídeo de Pepa do fin de ano Chino onde vimos todas as cousas que traballamos no cole


ANTIA e a súa nai contaronnos un conto, encantounos porque vimos todas as cousas das que estamos falando nos cole como a muralla china, a cidade prohibida que nos falou BREIXO, que comen con palillos, o Tai Chi, os osos panda, os animais do zodiaco e nos quedou para investigar a semana que ven as sombras chinas


LEO amosounos una tetera China porque alí toman moito te, que viña acompañada dun pergamino cunhas letras moi parecidas as que estivemos investigando días antes.

 VIDEO LEO 1(PREMER)


VIDEO DE LEO 2(PREMER)

O ERHU, un instrumento de dos cordas e que se toca cun arco e parecido a un violín


VIDEO DE LEO 3(PREMER)

O RUAN un instrumento con catro cordas parecido a nosa guitarra


Para a semana máis...

                                                            25-03-2021



En 4º de infantil, na semana anterior estivemos preparando un TANGRAM, un xogo chino composto de 7 formas xeométricas do que nos falara IZAN anteriormente e que nos ensinou como fixo na casa. Nós, primeiro decoramos as pezas seguindo consignas de cor e fixándonos nos números que tiñan escritos. Logo cortamos coas tesoiras e por fin xogamos!!!

Desfrutamos dunha canción dos saúdos na lingua de china.

Tamén investigamos sobre dúas cousas das que nos falou XELDA, os PEQUINESES e a POCELANA china.
XELDA explicounos que os PEQUINESES son uns cans da CHINA e logo buscamos entre todos en GOOGLE. 
Atopamos unha chea de fotos e vídeos. Deixamos o que máis nos chamou a atención.


Deixamos un vídeo que atopamos sobre eles e que estivemos comentando.


XELDA explicou que as tazas e a teteira que nos mostrara nas cartas de fai un tempo eran de 
PORCELANA, algo que non recordara antes. Con esta nova información buscamos sobre a PORCELANA e descubrimos que ten a súa orixe en CHINA!!! Buscamos e esta foi a imaxe que máis gustou.


Como vimos facendo ó longo do proxecto, practicamos co chinés. Deixamos un vídeo de nomes de animais en chinés que vimos na clase por se queredes probar e 



Nestas dúas últimas semanas tamén comezamos a prepararnos para o fin de avaliación coas portadas e bolsa para os nosos traballiños!
A para a portada de INDIA preparamos un borde facendo unha serie e decorando unhas mans imitando os tatuaxes temporais de HENNA. Primeiro investigamos e deixámosvos a imaxe que máis gstou das que atopamos e un vídeo explicativo que vimos.



As portadas quedaron moi chulas!



Preparamos a portada dos traballiños sobre CHINA poñendo un BOI e a palabra china correspondente como símbolo deste ano novo ó tempo que colgamos uns farolillos chinos para acabar a decoración.




Para a bolsa dos traballiños preparamos un PANDA precioso que nos deu traballiños picando e pegando, pero que quedou fermoso!




 Estas últimas  semanas dedicadas aos grandes inventos chinos, coas follas de papel reciclado que fixemos os nenos/as de 4 anos decidimos facer unhas flores nel xa que en China sempre teñen un papel importante tanto na arte, como na poesía, as flores estan moi presentes na cultura China porque pensan que transmiten mensaxe positivos.







Na aula de cinco anos descubrimos os PAI PAI chinos e co papel reciclado fixemos uns e así de bonitos nos quedaron








Despois observamos un ABANICO chino e un PAI PAI





Os palillos, un par de pequenos palos rectos de similar longitude son os utensilios usados para comer, son de madeira e bambú e actualmente de plástico.

E probamos a ver que tal se nos daba eso de comer como os chinos





As sombras chinesas procedentes do teatro de sombras parten dun xogo popular baseado nun efecto óptico que consiguese ao interpoñer as mans entre a fonte de luz e unha superficie, de maneira ca posición e o movemento das mans proxecta sombras, primeiro probamos coas nosas mans





Apareceron todo tipo de animais e despois fixemos uns títeres;primeiro pintaron




Segundo picaron aos personaxes



E finalmente contamos unha historia no Kamishibai, que significa teatro en papel






ANTIA na casa fixo uns titeres e contounos unha historia que nos gustou moito, deixovós o vídeo para que a vexades outra vez.

VÍDEO DE ANTÍA SOMBRAS CHINAS(PREMER)

Outros inventos chinos que vimos nestes días foi o ÁBACO é un instrumento que consite nun cadro de madeira que leva bólas enfiadas en arames.


O TANGRAM é un crabacabezas composto por sete pezas, que se xuntan para formar formas.

A partir deste conto




xogaron a formar animais coas pezas


Moi cerca de China atópamonos unha isla chamada Japón e descubrimos un arte educativo co papel "ORIGAMI" é unha das maiores tradicións deste país, motivounos moito o de poder facer cousas co papel, ainda que fixemos un moi sinxelo dixeron que nas vacacións seguirán practicando.







Para rematar a nosa viaxe por China recordamos todo o traballado e fixemos a carpeta para gardar os traballiños




É a bolsa para levalos a casa








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!