DINOS! (6º EI: CLASE AZUL)

4-2-2023

DINOS: COMEZAMOS NOVO PROXECTO.

Novo ano e novo proxecto, xa estabamos desexando comezar e por fin chegou a quenda dos dinos!

Comezamos cunha chuvia

de ideas para ver todo o que crian saber e as cousas sobre as que nos gustaría investigar. Logo recollémolo en papel.


Preparamos tamén unha cartiña para pedir a colaboración das familias.

Moi pronto comezaron a chegar unha chea de materias que foron presentando e que xa desfrutan no recanto do proxecto e que imos empregando nas nosas investigacións e actividades.

ADAM presentounos un libro xenial de dinos que compartirá con todos na clase. Trouxo ademais dous dinos sobre os que iremos investigando próximamente. Describiunos con coidado e xa están no recanto do proxecto.

XOEL trouxo ó largo deste tempo varias cousiñas, primeiro un libro para xogar e localizar dinos. Abriuno e explicounos como se xoga e gustou moito.

Uns días despois tróuxonos 2 marionetas de dino moi chulas coas que xa estiveron xogando.
Logo trouxo uns ovos de dinos sorpresa que fomos observando e nos que traballaremos a próxima semana estudando os resultados.
Despois trouxo un libriño para investigar sobre os dinos!
Por último un libro de colorear con auga reutilizable que xa temos no recanto do proxecto.


ENZO presentou dous dinos que nos amosou e describiu con detalle e que pronto iremos investigando.

LEIRE P. presentou diante de todos un libro de dinos moi especial de 3D! 
Aportou tamén pasados uns días un dino moi chulo de peluche que nos pareceu moi riquiño e do que xa desfrutamos no recanto de dinos!

TEO presentou 4 dinos que describiu con detalle e que iremos investigando pronto. Tamén aportou unha páxina dun folleto de dinos no que hai unha chea cos seus nomes e que iremos empregando para investigar.

IZAN xa presentou tamén un crebacabezas de dinos, un debuxo dun triceraptops e 7 dinos sobre os que iremos investigando.

LEIRE mostrounos o debuxo que preparou para o noso recanto e un conto que lemos esta semana.

AARÓN mostrounos e describiu a súa aportación: 3 dinos moi chulos que xa están no recanto do proxecto.

LUCÍA RÍO amosounos un libro para xogar a atopar dinos, un crebacabezas e 2 dinos. Todo forma parte do noso recanto.



IVANA presentounos as súas aportacións: un libro, un debuxo que preparou con moito detalle e un crebacabezas.

MARTÍN amosounos as súas aportacións, un xogo de dinos e un libriño de pegatinas.

LUCÍA V. presentou o seu libro de investigación de dinos e unha lanterna de diapositivas que nos ensinou a empregar cando se xoge no recanto do proxecto.

DANIELA amosounos e foinos explicando un pouco o seu libro de investigación de dinos. Tamén mostrou e describiu os 2 dinos cos que colaborou.

Pasados uns días trouxo unha marioneta de T-REX moi chula e xa temos varias para xogar, encántannos!

RUTH amosounos o seu libro de dinos con pegatinas e explicou a súa páxina favorita. Xa o temos no recanto.

Poucos despois ADRIANA compartiu con nós un debuxo moi chulo dub T-REX e unha nova marioneta, esta vez dun TRICERAPTOR.
Con toda esta chea de materiais xa comazamos a traballar e iremos recurrindo a eles segundo avancen as nosas investigacións que aínda están a comezar!

Investigado en internet e traballando en papel descubrimos o sigificado da palabra DINOSAURIO, que é LAGARTO TERRIBLE! Cada un escolleu un dino que lle gustara e soubera o nome para debuxalo e escribir o nome sos ou con axuda.



E por fin comezamos a investigar sobre un dos dinos  e como era a primeira vez collemos un coñecido, o T-REX.
Primeiro collemos uns bonecos para fixarnos nos detalles e poder buscalo nos libros por grupos. Unha vez atopados lemos a información.


Logo da investigación plasmámolo en papel. Eleximos escribir como datos especiais algunhas cousas que descubrimos: "Era lento, e escondíase para cazar."


Logo fixemos un xogo de DINOGEOMATRÍA cortando as pezas, poñendo o nome, e o número de pezas que temos de cada forma.


Cando estivo listo tentamos construír o T-REX que é o dino que investigamos e logo xogamos libremente.

Logo, seguindo coa experiencia 3D un por un experimentaron cun dispositivo electrónico a atopar e observar un T-REX xigante en clase e sacaron alguhas imaxes da experiencia.

Logo sacamos foto de recordo!


Moitas grazas por colaborar, pronto seguiremos informando!!!



 10-2-2023 
DINOS: Fósiles, paleontólogos e ovos!

Esta semana seguimos coas nosas investigacións, nesta ocasión sobre os fósiles e os paleontólogos.

Para facelo

buscamos en internet para enterarnos ben de qué son os FÓSILES. Descubrimos que son restos de animais, plantas e moitas cousas máis do pasado que o quedar enterrados e pasar miles de anos se converten en pedra e así chegan os nosos tempos e polos que os científicos obteñen moita información importante.

Logo de investigar traballamos en papel o proceso que sofren os restos para  converterse en fósiles. 


Tratamos de reproducir con plasto e materiais do noso recanto de dinos, un fósil. Empregamos plasti e presionamos a parte do dino que queríamos marcar. Quedou moi ben.


Nestas investigación descrubrimos que os PALEONTÓLOGOS son os científicos e científicas que estudan os restos fósiles e que grazas a eles decubrimos moita información sobre o pasado. Aproveitamos e vimos un video da canción dos paleontólogos.


Plasmamos en papel...

E con isto chegou o momento de empregar o xogo de XOEL no que nos convertemos en PALEONTÓLOGOS E PALEONTÓLOGAS que buscan e estudan restos FÓSILES! Vainos levar bastantes días, pero poucoa pouco seguro que imos atopando algún resto fósil.




Seguimos cuns fósiles especiais: os OVOS de dinosaurio! Grazas a eles sabemos que eran OVÍPAROS. 






Así, centrámonos no dinosaurio  MAIASAURA.
Primeiro Buscamos nos nosos libros.  Así, fixámonos nos debuxos de dinos similares, e logo nos textos para ver se estaba o seu nome escrito, pero non tivemos sorte esta vez...

Investigamos logo no ordenador e decubrimos como os restos fósiles atopados amosan que vivían en comunidades moi grandes e como os grandes coidaban durante anos ós pequenos. Algo que non era moi común entre os dinos.


Aquí uns vídeos que nos gusta compartir con vós.

No primeiro só nos fixamos nas súas características para descrivilo e para tentar facer teorías sobre as súas características.

No segundo informámonos ben do que se cre saber a día de hoxe.



Traballamos estes elementos en papel! Fixámonos nas súas características e comentámolas. Logo cubrimos a pel de escamas con ceras blancas e logo pintaron con témpera verde. Quedou moi ben!



Por último picaron os ovos!

Xa dende a semana pasada estivemos traballando sobre os ovos. Observamos os ovos de XOEL.

Deixámolos en auga un pouco máis para que creceran e listo! Saiu un T-REX e o que segundo investigamos ñe un DILOFOSAURO.

ADRIANA tamén observou o proceso na casa e compartiu con nós o seu dino! No seu caso resultou ser tamén un T-REX, pero parece que a ela lle creceu un pouco máis que o que naceu na clase.



Traballamos tamén en papel fixándonos en cómo nacen os dinos e aprendendo que son OVÍPAROS ó nacer de ovos.




Por último, experimentamos cuns ovos moi especiais de dinos! Sentimos os materiais: o líquido uliunos a vinagre e os ovos estaban moi fríos, conxelados!
Cunhas pipetas e por quendas fomos vertendo vinagre sobre os ovos que desprendían burbullas e se ían derretando pouco a pouco. Acabaron descubrindo 2 dinos!


Logo investigamos o dino que atoparon: un ESTEGOSAURO! Lemos que regula a súa temperatura coas placas do seu lombo e emprega as púas para defenderse. Ademais saíron outras inforacións que investigaremos a próxima semana!


Entre tanto seguiron chegando materiais que fomos empregando no recanto de dinos e nas nosas investigacións e tarefas diarias!

LEIRE V. mostrounos o moito que traballou facendo unhas manualidades chulísimas! Fixo unhas cabezas de dinos cunhas pinzas que están preparadas para alimentarse.
Tamén unha mostra de ESQUELETO e un DIPLODOCUS moi mono!!!

XOEL trouxo varios dinos de xoguete. Trouxo un VELOCIRAPTOR que fomos investigando e comparando co T-REX. Tamén un tipo de "cuello largo" (aínda á espera de investigación) e un PARASAUROLOPHUS (AÍNDA EN INVESTIGACIÓN!).

MARTÍN presentou a súa botella que ten ilustracións de dinos e que nos comentou e mostrou a toda a clase.

Por último, ADAM este venres trouxo para compartir con nós uns dinos xeniais, e presntounos diante dos compis: un T-REX, un VELOCIRRAPTOR, o que parece un MAIASAURA, TRICERAPTOPS e un CARNOTAURO. Entre todos repasamos o que xa sabemos desdes dinos e pasamos un momento moi ameno.

Todos estes materiais xa forman parte do recanto do proxecto que estamos a desfrutar un montón.
A próxima semana continuaremos investigando.
Grazas a todos e todas por colaborar e continuaremosa próxima semana!

  18-2-2023 

DINOS: Achegámonos a súa historia!


Esta semana estivemos centrados na orixe e na historia dos dinosaurios. Para isobuscamos en internet e nos libros de clase.



Visitamos tamén a clase de 4, á que veu Luis a falarnos dunha maqueta xigamte de T-REX que vai rotar por infantil.

Achegámonos nestas semanas ó dino do que fixemos o disfraz de entroido: PARASAUROLOPHUS.

Investigamos un pouco e deixamos un par de vídeos dos que sacamos información e cos que nos divertimos nestes días!

Vímolos en 3D por quendas e sacámoslle unhas fotos do que observamos. Deixamos unha foto de recordo que sacamos xuntos.


Fixámonos na súa cresta, coa que fai sons para comunicarse. Logo preparamos a ficha deste novo dino co aprendido.

Fixémolo tamén co xogo de DINOXEOMETRÍA e rematamos de decorar o sobre no que gardamos o xogo.

Seguimos cun conto para ver a escuras con  luz negra cunha chea de dinos dos que fomos falando, incLuído o PARASAUROLOPHUS!
Preparamos o disfraz de PARASAUROLOPHUS para o entroido e desfrutamos da festa do cole co disfraz!

Este disfraz brila na escuridade con luz negra por ser feito con pintura fosforita. Na clase xa temos fabricado esta luz noutros proxectos. Para facer a luz negra caseira se non recorades como era e vos apetece só necesitades:
 
-1 Lanterna de luz led.
-Celo transparente ou cinta de embalar transparente.
-Rotulador permanente azul.
Só tedes que poñer na luz un anaco de celo/cinta que a cubra ben. Logo pintala co rotu tapando a luz. Despois só tedes que repetir a operación e engadir capas da mesma forma. Nós conseguímolo con 6 capas, pero se a luz e moi forte pode que teñades que poñer máis.

Tamén foron chegando máis cousiñas!



A nosa compi IVANA presentounos un PARASAUROLOPHUS xenial que nos serviu para repasar todo o aprendido con este dino!
XOEL trouxo varios materiais que presentou e comentamos na clase: un STEGOSAURIO e un libro sobre el que empregaremos para investigación máis adiante, e uns coches de Dino que nos pareceron moi divertidos. Tamén trouxo un libro relacionado co que estamos investigando actualmente e do que xa vos falaremos proximamente.
ENZO trouxo un CARNOTAURO xigante que nos encanta e co que xa xogamos un montón.
MARTÍN trouxo un contiño Mi mascota el dinosaurio " que contou estupendamente na clase!
AARÓN trouxo un T-REX moi chulo co que repasamos o que xa estudamos deste dino e co que nos gusta moito xogar.
LUCÍA RÍO trouxo un libro de debuxos de dinosaurios para pintar con rotu de auga. Xa o estrenamos e encantounos!




Unha semana máis: grazas a todos e todas por colaborar!
Proximamente veredes máis cousiñas nas que estamos a traballar.

  18-2-2023 

DINOS: ENTROIDO!




O alumnado de infantil participou nas xornadas de Entroido! Así prepararon o seu disfraz baseado nun conto de dinos para o venres. Na clase devermello fixeron difraz de DIPLODOCUS, na clase de verde de TRICERATOPS, e na clase de azul de PARASAUROLOPHUS.
Nesta semana seguiron tamén os mandados do Meco. Aquí vos deixamos o resumo!

CLASE de AZUL

Co conto de dinos!

Comezamos recortando coas tesoiras e picando co punzón cada peza do disfraz de Parasaurolophus.

Logo preparamos a cabeza pegando uns ollos grandes e pintando a cresta con pintura fosforita laranxa e violeta.

Por último preparamos a cola coas mesmas cores.

Ademais participamos nos mandados do Meco:
Luns:


Martes:


Mércores:

Xoves:

Venres:
ENTROIDO NO CPI P. VIRXE DO MONTE
Aquí vos deixamos un vídeo resumo! 
(Marcade na rodiña a calidade que queredes)


  9-3-2023 

DINOS: Camiñando entre dinos en Panxea!
 Dende entroido estivemos investigando o mundo no que vivían os dinosaurios, xa que o noso planeta cambiou moito ó longo dos anos.Nas nosas investigacións saíra o nome que lle daban a terra dos dinos: "PANXEA". Descubrimos que a terra era unha soa na que vivían todos os dinos terrestres e o resto de mar era o oceano chamado: PANTALASA.

Tamén buscamos en internet...
Para entender un pouco mellor como funciona os movementos que transformaron o planeta experimentamos coas "pezas do puzzle" que forman o noso planeta e vendo como se moven xuntándose e separándose e falando dalgunhas das capas do noso planeta.

Recordamos os vídeos que viramos sobre o tema e as investigacións anteriores e preparamos unha imaxe grande da terra na época da PANXEA.
Como falamos deste tema chegou material relacionado, como este puzzle de PANXEA que trouxo XOEL.


Traballamos en papel para que queden rexistradas as nosas investigacións. Para iso observamos e reflexionamos e fireron unha secuencia. Coñecemos o primeiro dinosaurio que existiu: o Nyasasauro. E despois comom foron pasando os anos e os animais foron evolucionando aparecendo cada vez máis dinosaurios ó tempo que os continentes se foron separando ata ser como é hoxe.


Foi un duro traballo...

Pero quedou moi ben!
Logo buscamos información de ónde se cre que vivían os dinos que fomos investigando ata agora. Como vivían en Panxea atopáronse fósiles en varios partes do laneta, pero pouco a pouco fomos colocando os dinos nun mapa grande en clase. Iremos completándoo a medida que vaiamos investigando máis dinos.

Aquí podedes ver como imos colocando algúns dos dinos...

Seguimos investigado dinos como puidestes ver no mapa. Primeiro vimos o CARNOTAURO. Moi semellante ó T-REX, pero con cornos e máis rápido!
Investigamos.

Gardámolo en papel.


Investigamos o BRAQUIOSAURIO. Tiñamos ganas de velo. Descubrimos por fin que o bulto da fronte é a nariz e que era enorrrrme, entre outras cousas.
Investigamos.


Gardámolo en papel.

Vímolo en 3D. Primeiro en tamaño real e logo en peque para  ver detalles.


Traballámolo con DINOXEOMETRÍA.


Soubemos máis do TRICERATOPS.
Investigamos.



Gardámolo en papel.


Vímolo en 3D.

E seguiron chegando materiais!





ADAM tróxonos unhas imaxes do logo de JURASIC WORLD, MUNDO XURÁSICO, sendo moi interesante para falar da etapa xurásica da que estudamos en clase e falando dalgúns dinos que vivían naquer tempo!


MARTÍN traballou coa súa nai realizando un dosier dos seus contactos con dinos, escribindo os títulos e con imaxes grandes que nos encanta ver no recanto. Explicouno xenial!


ADRIANA  fixo unha manualidade moi chula cun debuxo de T-REX e unha pinza. Explicouno xenial e gustounos moito e empregámola no recanto! Ademais tamén nos compartiu as súas garras de dino!


IZAN trouxo un debuxo moi chuli de PARASAUROLOFUS  e de T-REX   que empregamos para repasar o que sabemos. Trouxo varios dinos dos que nos falou e explicou en detalle. Tamén compartiu con nós un xogo que nos explicou con calma. 
Tamén trouxo unha manualidade máxica con cera blanca e acuarela para traballar  no recanto de arte !


LUCÍA VILLARES trouxo un POP-IT  precioso de PARASAUROLOPHUS. Falounos del e falamos de como podíamos empregalo. Falamos de técnicas de relaxación, mates... Fíxoo moi ben!


ENZO compartiu un dos seus debuxos! Describiuno e explicounos o que recordaba dos dinos do debuxo: BRAQUIOSAURIOS!





XOEL participou nestes días cun par de libros de investigación, un xogo memory, unha lanterna proxectora, un ovo de PARASAUROLOFUS, e un dino fermosísimo parecido a un T-REX. Explicouno moi ben e xa o estamos usando todo!



















  11-3-2023 

DINOS: SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER 2023!

 Dende entroido estivemos investigando o mundo no que 


Nestes días conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller. Para facelo, en infantil, traballamos con xornais e preparamos unha nova sobre unha muller que foi unha auténtica pioneira e que se relaciona co nosos proxecto de aula: Mary Anning, a princesa da paleontoloxía!

CLASE de AZUL

Na clase de azul polo Día da Muller coñecemos a Mary Anning cun conto na PDI para coñecer a súa historia, vimos uns vídeos e imaxes en google.

Logo falamos de como a súa historia e a de moitas outras mulleres levou á conmemoración do día da muller a través da reflexión e o visionado dun vídeo explicativo.

Ademais para a Semana da Prensa traballamos con xornais lendo os nosmes de varios deles, vendo que se dividen en seccións segundo o tema do que falan, elementos básicos (imaxes, pés de foto, titulares, texto da noticia...), diferencias entre xornais (a cor, branco e negro...), e lemos algunhas partes.


Noutra ocasión empregamos xornais para cazar letras, titulares, fotos, pés de foto...

Tamén elaboramos a nova da semana sobre as conmemoracións que tivemos e sobre as que traballamos na aula. 


  19-3-2023 

DINOS: MARY ANNING!

 

Partindo do Día da Muller, no que colecimos a Mary Anning, continuamos investigando sobre a que é considerada a nai da paleontoloxía.
Investigamos un pouco en base a un conto que conta a súa historia.

Logo investigamos en internet. Soubemos que Mary creceu cos seus pais e súa nai en Lyme Regis, situado en Inglaterra, na coñecida hoxe como a costa xurásica pola gran cantidade de restos fósiles desta etapa.


Mary traballou na busca de fósiles coa súa familia dende pequena e conseguiu grandes logros que abriron o coñecemento sobre a era dos dinosaurios.

Adicábase a venda de fósiles, algo do que se aproveitaron moitos científicos da época que se otorgaban a si mesmos os logors desta traballadora.



Recollemos en papel esta primeira parte da investigación.


Descubrimos que unha das cousas que vendía eran fósiles de AMONITE, un animal que viviu no mar por todo o mundo e do que aínda hoxe atopmos restos de forma común. Por sorte puidemos observalos en clase.


Examinaron os restos.

Investigamos un pouco para saber máis deste ser...


Asombrounos que podían chegar a medir máis de 2 metros e puxémolo a proba para fecernos á idea.

Escribímolo e correximos na PDI...


Fixeron AMONITES de plasti.


Un dos maiores descubrimentos foi o fósil dun esqueleto completo dun ICTIOSAURIO, un dino acuático. Primeiro seu irmán Joseph atopou a cabeza dun animal raro, pero ela insistiu en buscar e atopou todo o que quedaba del e declarou que era un novo animal que non se coñecía.
Investigamos sobre este animal.


Fixémolo en plasti.


Fixémolo con DINOXEOMETRÍA.


Recrearon un fósil de ICTIOSAURIO con masa empregando as súas mans, rodillos, un molde...

Quedaron moi ben!



Seguimos investigando outros dinos como o  VELOCIRAPTOR do que xa temos investigado un montón.




Investigamos tamen o ESTEGOSAURIO. Obtivemos a información escoitando a lectura de XOEL nun dos libros que trouo e que fala precisamente deste dino e con algún vídeo.

Entre ouyras cousas soubemos que GODZILLA se instirou neste dino!



Plasmaron as ideas en papel.

Vírono en 3D fixándose nos detalles.

Fixérono con DINOXEOMETRÍA.

Seguiron chegando materiais que empregamos nas investigacións e para xogar no recanto do proxecto!

IVANA trouxo un esqueleto de T-REX. Recordounos algúns detalles deste dino moi ben explicados!




LUCÍA RÍO empregou unhas CARTAS de dinos para falarnos deles de dar detalles que temos aprendidos!



XOEL Trouxo un ovo de PARASAUROLOPHUS e recordounos unha chea de detalles deste dino!


ADAM mostrounos un catálogo dex oguetes no que atopou un montón de DINOSdos que nos falou!



ENZO compartiu con nós un debuxo moi chulo no que s epode ver un ICTIOSAURIO e uns AMONITES! Falou do que recordaba de cada un e xa decora o recanto de dinos!

Tamén aproveitamos para decorar un pouco máis a clase.



  24-3-2023 

DINOS: Teatro, poesía, Mary Anning e o plesiosaurio!

 


Comezamos a semana cunha actividade da mestra en prácticas Uxía que traballou con teatro de sombras.

Para a actividade os nenos e nenas da clase deseñaron

a historia, personaxes... Fixérono en pequeno grupo e logo chegando a acordos.

Deseñaron ós protagonistas e elementos  básicos dos escenarios con cartulinas e rotus de cores que logo cortaron.



Logo fixeron a representación con teatro de sombras en pequenos grupos diante dos compis e foi estupendo!


Esta semana celebramos o DÍA DA POESÍA con dinos! 

Para iso escoitamos algunhas, examinamos cancións xestuais e as súas rimas, un conto coñecido rimado... E por fin en grupo foron buscando rimas e compoñendo unha poesía moi simpática. Aquí tedes o resultado!



Seguimos as nosas investigacións sobre dinos e sobre a paleontóloga Mary Anning!
Así,  achegámonos ó PLESIOSAURIO, un réptil acuático, cuxo fósil foi atopado por Mary Anning na agora coñecida como costa xurásica por todos os descubrimentos fósiles que fixo Mary nesta área.
Un animal moi diferente ós que vimos ata agora . E cuxo fósil se atopa no Museo De Historia a Natural de Londres.


Aquí podedes ver como un grupo de compis recrearon un museo de dinos.


Decubrimos moitas cousas interesantes deste animal. Como que é acuático pero podía saír da auga, que era carnívoro comendo peixes e réptiles pequenos, que os había de moitos tipos e tamaños ...

Investigaron nos libros e en internet en artigos, imaxes e vídeos.


E atoparon un artigo de National Geografic falando do descubrimento de fósiles de plesiosaurios pequenos en España, en Castellón.

Recollémolo en papel..


Entre todos decidiron qué escribir e a forma. Logo recolleron en papel.

Unha gran investigación!



Repasamos partes deste dino empregando a PDI, rotus fosforitos. E logo apreciámolo con luz negra!


Logo, na seguinte fase, fixemos unha reprodución do esqueleto enpregando pasta e legumes diferentes para cada parte.


Aquí o seu traballiño!


Por último, recollemos o que sabíamos ata o momento do que pasaba cos seus descubrimentos mentres vivíu e como outros científicos se beneficiaron do seu duro traballo.



Nestes días seguiron chegando materiais!


LUCÍA RÍO     tróuxonos dous novos dinos: un T-REX e un ANQUILOSAURIO. 
Estivo falándonos deles e recordamos algunhas cousas básicas.








XOEL compartiu con nós uns debuxos que fixo dun ICTIOSAURIO e dun AMONITE. Falounos deles e da súa relación con Mary Anning.







LUCÍA VILLARES amosounos unha carta na que se decatou que parecían dinos. Uns T-REX!







ADAM trouxo unha chea de debuxiños de DINOS moi chulos e moi ben feitos. Foi presentándoos e flamos un pouco deles.





A próxima semana máis!










  30-3-2023 

DINOS: Busca do tesouro xurásica en infantil!!

 
Esta semana levamos a cabo unha actividade especial para despedirnos antes das vacacións: fixemos unha BUSCA DO TESOURO!
Fixemos grupos mesturados de 3, 4 e 5 anos nos que todos e todas participaron e colaboraron para atopar o tesouro!
Escollendo os sobres para cada grupo e comezamos a aventura!





Aquí vos deixamos unhas imaxes da experiencia.
Grupo A: coas mestras Tamara e Uxía.
Buscando as pistas:
Tesouro atopado: super tatuaxes!!!

Grupo B: coas mestras María e Lucía.
Na busca!

Co noso tesouro!

Uns tatuaxes xeniais!

Grupo C: coas mestras Melani e María.

Buscando pistas por todo o colexio

Todo el equipo con su tesoro

Imaxes dos nenos e nenas de cada clase co tesouro que atoparon!

CLASE DE VERMELLO


CLASE DE VERDE


CLASE DE AZUL


  31-3-2023 

DINOS:Mary Anning,  historia e un pterosauro: o Dimorfodón! 


 
Nos últimos días descubrimos máis datos sobre a importancia de Mary e as súas investigacións e o por que de que sexa coñecida como a NAI DA PALEONTOLOXÍA.
Nas nosas investigacións xa estudamos que Mary descubrira fósiles moi importantes como o ICTIOSAURO, o PLESIOSAURO e o PTEROSAURO ou PTERODÁCTILO.

Repasamos e continuamos a nosa investigación nunha páxina moi completa especilizada en Mary Anning.



Nas nosas investigacións xa lemos e vimos que a MARY ANNING lle roubaran outros científicos moitos dos seus fósiles para dicir que fora cousa deles, o que recollemos en papel.



Pero nestes días decubrimos a maior razón da importancia dos seus descubrimentos. Cada vez que Mary, dunha forma similar a como facemos na aula, facía un descubrimento ela estudaba os restos con moito coidado, comparaba os descubrimentos con animais e recollía en papel todo que observaba e todas as súas teorías ó respecto. 

Aquí a última aportación de IVANA, que nos trouxo un debuxo do PLESIOSAURO!
Grazas a ela repasamos o que sabemos deste animal acuático parente dos dinos que percorrían a terra.
Todas estas aportacións son xeniais e dannos a oportunidade de repasar e imaxinar un mundo cheo de animais fantásticos e incribles!
Ela cando atopou restos como o do ICTIOSURO e o PLESIOSAURO afirmaba que eran animais diferentes ós que vivían na Terra e que xa eran coñecidos, pero os científicos máis recoñecidos negaban que fora verdade e decían que eran animais actuais. Grazas ós descubrimentos fósiles de Mary Anning, ó seu traballo e estudos, a que nunca se deu por vencido  e a outros científicos que a seguiron, a comunidade científica tivo que recoñecer que os restos que atopaba eran animais que se extinguiran facía miles de anos e que moitos animais actuais eran unha evolución dos mesmos. 
Así, os descubrimentos de Mary puxeron as bases para a teoría da EXTINCIÓN e da EVOLUCIÓN por selección natural dos seres vivos de Charles Darwin e hoxe están amplamente demostradas por múltiples probas e estudos.


Ademais grazas a ela e a outros científicos posteriores creouse unha nova ciencia que emprega os fósiles para reconstruír formas do pasado para coñecer máis deste: a PALEONTOLOXÍA.

Por último achegámonos a outro dos seus maiores decubrimentos, os COPROLITOS. Xa saíran nas nosas investigacións, pero non chegamos a buscar sobre eles.
Decubrimos que eran unhas formas cilíndricas fosolizadas, que resultaron ser feces de dinosaurio!
Grazas a eles descubriron que comían e como vivían!



Seguimos investigando...

Así, aproveitamos a forma cilñindrica dos coprolitos para falar dalgunhas formas con volume ás que nos estamos a achegar en clase.Experimentamos nestes días con estas formas na mesa de luz, con pezas de madeira, buscando formas semellantes na aula e na nosa contorna. E nesta ocasión traballamos xunto cos coprolitos de Mary.

Seguimos con outro dos fósiles que descubriu Mary Anning, o un PTEROSAURO, un lagarto alado que logo chamarían: DIMORFODÓN.


Investigámolo un pouco e descubrimos que era un reptil con ás , cun cerebro pequeno, cabeza e pico grandes e cunha bolsa semellante á dos pelícanos no pico. Vimos que era bastante pequeno e lixeiro.


Aquí vimos como usan a bolsa do pico os pelícanos para facernos unha idea.


Gardamos a investigación en papel.

Grazas a todos os seus esforzos  e traballo duro de investigación hoxe sabemos máis do pasado e Mary Anning é recoñecida a nivel mundial.

Rematamos a semana facendo unhas Mary Anning de recordo!
Empregamos gomaeva, cartulina, pintura de témperas, pintura de barra, depresores, agulla e fío... Un traballazo!

Por fin rematadas agardarán ata que volvamos das vacacións!
Aquí as Mary xunto cun dos descubrimentos elixidos por cada un.



  24-4-2023 

24-4-2023
DINOS:Detalles: carnívoros, herbívoros, armas e defensa.

 

Volvemos das vacacións repasando máis a fondo detalles sobre os dinos e outros seres vivos. Nesta ocasión centrámonos na alimentación, e como esta se reflexa nas características do seu corpo para atacar, no caso dos carnívoros, e defenderse, no caso dos herbívoros.


Tras repasar como eran os seus dentes, e paralelamente a todas as actividades que veredes nesta entrada, decidimos decorar a nosa clase cuns cadros de dinos nos que se viran os dentes e as súas características bñasicas. buscamos ideas por internet, fixemos votacións e chegamos a acordos. Gustáronnos unhas imaxes de dinos herbívoros e carnívoros cepillando os dentes. Eliximos ffacer un T-REX para os carnívoros, un cuello largo para os herbívoros e un tricertops para os herbívosos con fociño de pico. Levounos bastante tempo pero quedaron moi ben!

Aquí podedes ver como nos quedaron! Empregamos distintas técnicas e materiais e xa decoran a nosa parede!

Aquí os artistas!!!


Ó mesmo tempo fomos repasando como a forma de alimentarse influía noutras características do corpo armas e defensa...





Entre estes traballos tivemos un grantraballo de observación e rematamos facendo un xogo de adiviñanzas coa DINOXEOMETRÍA. Deixamos as creacións a ver se na casa adiviñades qué dinos fixeron.

Á hora de observar, adiviñar e presentar no proxecto traballamos moito a linguaxe e a descripción. Coa profe Uxía realizaron unha actividade de relato de historias. Uxía presentoulles unha caixa con distintos elementos (ovos, animais, plantas, lugares) e eles tiveron que crear relatos para os compis. Foi unha experiencia xenial!


Ademais tivemos a sorte de que unha nai se animara vir presentar un dino novo a clase!
Foi unha experiencia estupenda que nos deu pe a seguir investigando e aprendendo!
Anabel e Ivana presentáronos na clase o ALLOSAURUS ou ALOSAURO.
Mostrárono en clase e explcaron como era e como vivía. Todos e todas estiveron moi atentos e mesmo levaron un detalliño de recordo.


Logo seguimos investigándoo...


E gardámolo en papel para o noso arquivo de dinos!

Seguiron chegndomateriais para o recanto!
LEIRE V. tróuxonos un debuxo moi chulo que fixo con moito detalle dalgúns dos dinos que máis lle gustan e que presentou diante dos compis!
Aproveitamoa ara repasar algún deles como o:BRAQUISAURO, TRICERATOPS, PLESIOSAURO...
 
XOEL tróuxonos algunhas fotos xeniais no MUSEO XURÁSICO de Asturias. Falounos dos dinos das imaxes e entráronnos ganas de ir!



IZAN tamén nos compartiu os seus debuxos de BRONTOSAURIOS e PARASAUROLOFUS tocando as súas cancións!
Falamos un pouco deles facendo un pouco de repaso e coparando con outros dinos.




AARÓN tróuxonos uns dinos super chulos: 2 TRICERATOPS e 1T-REX. Falounos un pouco deles e fíxoo moi ben.






ADAM trouxo uns dibus para facer un xogo de adiviñar cos compis. Estivo xenial e gustoulles moito participar!



GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!


12-5-2023

DINOS:Actividades especiais e repaso!

 

Levamos unhas semanas moi ocupadas cheas de conmemoracións e actividades especiais!
Nesta entrada veremos só algunhas, xa que varias están a medias ou son sorpresas.
Na semana do 24 conmemoramos o Día do libro como puidestes ver na entrada conmemorativa, pero dentro do proxecto gardamos un contiño de dinos relacionado. Traballámolo na aula e fixemos un puzzle moi chulo!


Tamén nos adicamos investigar dinos como o GALLIMIMUS!


Trátase dun dino OMNÍVORO moi parecido a unha AVESTRUZ!


Tamén nos achegamos ó PAQUICEFALOSAURO!

Engadíndoo ó dossier de dinos...


Seguimos co traballo en papel, do que vos deixo só un par de mostras. Como o repaso sobre os dinos, como que eras reptís TERRESTRES, e os reptís AÉREOS e ACUÁTICOS.

Outra mostra do traballo no libro como cousas en común e diferentes entre dinos...
 

Tamén tivemos actividades especiais! 

Mónica e Adriana contaron un conto moi chulo en busca dun dino, amosárono e deixaron un detalliño de recordo.

Tamén tivemos a visita de María, a nai de Izan. Entre os dous léronnos un contiño dun poliño aventureiro! Tamén nos deixaron un detalle de recordo


Só nos queda ver os últimos mateririais aportados!
ADAM decidiu participar cunha pila de xogos que elaborou con moito esmero! Explicounos moi ben e xa os temos no recanto. (Falta un que aposaremos na seguinte entrada do proxecto cando o vexamos con calma en clase)
AARÓN trouxo varios dinos para xogar: triceratops, un t-rex e mesmo un arcosauro!
TEO compartiu un dino T-rex xenial!
XOEL aportou uns dibus que pintou de dinos para decorar e un memory que xa desfrutan no recanto!
RUTH trouxo para comartir unha pegatina que tiña de dino!
ENZO compartiu un dos seus dibus de dinos que mete medo os herbívoros próximos!
IZAN aportou un debuxo e xogo de dinos no que traballou duro para compartir!
IVANA trouxo cartas de dinos que presentou xunto a un puzzle que fixo de dinos na súa casa!
LUCÍA V.  e ADRIANA aportaron unhas botellas con dinos que brilan na escuridade!
LUCÍA ademais trouxo unhas pegatinas que temos xa no recanto!

Moitas grazas a todos e todas por colaborar!!!

24-5-2023

DINOS: SAÍDA AVIFAUNA!

 
Estabamos desexándoo e por fin tivemos saída a Avifauna! Como sabedes levamos un tempo traballando nun proxecto sobre os dinosauros e hoxe fomos visitar os seus parentes máis próximos, as aves.

Neste

centro de interpretación que nos achega á natureza puidemos visitar unha chea de aves e tomar conciencia  dalgunhas características e da importancia do coidado da natureza. Ademais o noso guía Jesús achegounos ós dinos máis relacionados e estableceu relacións xerais cos dinos.


Logo collemos de novo o bus e fomos ata o parque de Lugo que se atopa xunto ó río Miño, ó lado do pazo de feiras e exposicións.
Alí comemos xuntos á sombra dunha gran árbore e logo fomos xogar un bo cacho ó parque. Pasámolo moi ben, xogamos, rimos e aprendemos: foi unha gran experiencia!

Deixamos un vídeo resumo da experiencia. (Recordade seleccionar a calidade adecuada na rodiña).


Unha vez feita a saída, fixemos un repaso das aves máis relacionadas cos dinos das que nos falaron na visita.
Aquí os podedes ver traballando na tarxeta que levaron.
 





28-5-2023

DINOS: A EVOLUCIÓN!


Os últimos días tivemos moitas investigacións entre mans, manualidades, unha visita e unha ollada ó que nos queda por ver.
Ademais preparámonos para a saída a AVIFAUNA. Recordamos
o que xa saíu nas nosas investigacións: que froito da evolución os animais máis relacionados cos dinos son as aves.


Logo fomos recordando e recollendo en papel algunhas das relacións entre dinos e aves actuais que íamos ver na visita.

Logo da visita profundizamos nalgúns dos dinos relacionados coas aves que coñecemos, como o PTERODAUSTRO que é moi semellante ó FLAMENCO.

Aquí prte da investigación...





Recollémolo en papel.


Continuamos cunha ave que non coñecíamos e que nos explicaron era unha das aves con máis en común cos dinosaurios: o CASUARIO. Atopámolo nun dos libros que aportastes as familias e continuamos investigando esta ave tan perigosa. E buscando e buscando atopamos un dino moi similar: o CITIPATI.

Neste vídeo puidemos velo e ver a semellanza ó tempo que nos da pinceladas sobre a extinción que sufriron os dinos no seu momento.

Como sempre gardámolo para o noso dosier.


Tamén nos achegamos a outros dinos. Un deles o ESPINOSAURIO, un dos favoritos. Investigámolo e recollémolo en papel como sempre.

Deste vídeo sacamos información e gustounos moito!


Ademais seguiron chegando materiais.
IZAN presentou un mapa de panxea que fixo na casa e no que foi colocando distintosdinos. Explicounos cales eran e recordamos como era o planeta na época dos dinosaurios.
LUCÍA V. compartiu coa clase un xogo de dinos moi simpático. Explicou como se xogaba e xa o temos no recanto!
ADAM tamén nos trouxo un xogo, nesta ocasión un puzzle xenal de dinos! Xa o temos para montar no recanto.


Para continuar coa decoración e os recordos do proxecto elixiron varias manualidades para ir facendo de aquí ó remate.
Nesta semana elaboraron MINIESTEGOSAURIOS! Tiveron que pintar con pincel, cortar con tesoiras de formas, pegar ollos , modelas limpiapipas e montar todo!

Quedaron estupendos!

Rematamos a semana coa visita especial dos pais de ADAM. Así, o noso compi contounos un conto de animais coa axuda dos seus pais. Logo enlazámolo co proxecto achegándonos á relación das aves que saían no conto e que víramos na nosa visita a AVIFAUNA.
Ademais tivemos a sorte que nos dixeran o nome de varios animais en árabe e puidemos practicalos con eles. Estivo xenial!
Moitas grazas por animarvos a visitarnos!

Xa estamos cos últimos pasos do proxecto, pero  aínda nos quedan un montón de sorpresas.
Moitas grazas por colaborar!


20-6-2023

DINOS: A EXTINCIÓN!


 Nestas semanas achegámonos á coñecer un pouco sobre as teorías da extinción dos dinosaurios e unha chea de cousas máis!

Para facelo, primeiro estivemos investigando nos libros que aportastes as familias.

Logo buscamos en internet. Recollemos en papel.


Despois fixemos unha lámina de acuarelas, rotus, témperas, purpurina, algodón e unha pegatinas de dinos que escolleron eles mesmos


Seguimos investigando e plasmando en papel os últimos  dinos que fomos elixindo como os nosos favoritos. 

 Fixemos unha portada para os dinos.

Preparamos unha manualidade das que tiñamos escollidas para o fin de curso. Un T-Rex que quedou fermoso coas decoracións de cada un elexiu.




Estivemos rematando o libro de texto recollendo nunha chuvia de ideas algunhas das cousas que aprendemos e logo deixándoo en papel.

Fixemos unha autoavaliación do proxecto...



Preparamos os carnés de especialistas que os gañamos co noso esforzo repondento preguntas sobre o proxecto.

Preparamos as portadas do proxecto de dinos!



Preparamos as bolsiñas...



Fixemos un exercicio de observación e no que traballamos conceptos básicos xerais e outros relacionados co proxecto por medio dunha lámina do libro.
Logo preparamos unhas marionetas que nos trae o libro.

Con todo listo reuníronse para preparar un mini teatriño que gravamos.



Está claro que este proxecto foi dos favoritos, porque xa rematando o curso seguiron chegando materiais para o recanto e para amosar ós compis!
Presentaron os materiais que prepararon na casa, cada un falou do dino que presentaba e recordamos detalles especiais de cada un.
ADAM touxo varias cousas: unha pegatina de dino, un debuxo moi chulo e unha manualidade moi traballada dun ovo que se abre!
AARÓN compartiu un ovo cun minidino moi simpático!
LUCÍA RÍO trouxo un debuxo dun dino para o recanto.
IZAN unha vez feita a manualidade do t-rex, touxo unha similar para compartir en clase!
TEO fixo unha exposición da súa visita ver dinos e falounos de todo o que viu e detalles de cada dino.
ENZO trouxo para amosar un memory de dinos.
ADRIANA amosounos o seu último debuxo de dinos!
Preparamos unhas camisetas de Mary Anning e o seu plesiosauro estampando con pintura.

Realizaron ademais unha manualidade dun pterodáctilo que se move e que tiñan elixida. 
Quedou chulísimo!

Rematamos revisando os traballos!
Un gran proxecto!

Rematamos cunha actividade especial de último martes facendo un mapa para un dino moi especial!

Moitas grazas a todos e todas por colaborar!

21-6-2023

DINOS: ACTIVIDADES FIN CURSO!


 Rematando o curso e o noso proxecto de dinos leváronse a cabo varias actividades especiais para acabar por todo o alto!






Comezamos cunha sesión de cine vendo Ice Age 3, na que saen unha pila de dinos coñecidos!







Tivemps a visita da mestra de música e artista Susa Herrera coa que cantamos, bailamos e fixemos xogos rítmicos!




Seguimos cun obradoiro de cociña saudable. Coa axuda dos nenos e nenas de 5º, fixeron galletas de avena, plátano e cacao. Logo xogaron a facer dinos!






Tivemos sesión de contacontos e actividade lúdica con pomperos.












Por último tiveron un día lúdico no que luciron as camisetas que fixeron nas clases para recordar o proxecto! Desfrutaron das colchonetas, pintacaras, baile e parque!






Deixamos unhas imaxes nun vídeo miniresumo! (Recordade seleccionar a calidade na rodiña)

Felices vacacións de verán!














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!