Esta semana viñeron de visita a MAMÁ de MARTINA e o seu PADRIÑO. Comezaron cunha charla na biblioteca e despois no comedor do colexio cunha morea de peixes.
Primeiro amosáronnos como era o traballo nos barcos, cales son as súas partes...
Que ferramentas de pesca utilizan no mar, as nasas.Os anzois.Ensináronnos a facer nudos nas redes, de eses que non se desatan.
Tamén contaronnos un pouquiño das técnicas de pesca como o curricán, a volanta, o arrastre e o marisqueo e o cultivo en bateas, onde vimos un vídeo de como traballaban na súa recollida.
Faláronnos dos diferentes tipos de peixes: pola súa forma redondos e planos e de outros animais mariños, vimos como se fai a compra destes peixes na lonxa para despois chegar as pescaderías.
Finalmente fixeron unha pescadería no comedor do colexio para poder ver os peixes dos que nos falaron, da súa forma, de como os preparan para levar as casas, de como distinguir un peixe blanco do azul, ten truco, é pola súa cola...
Acercámonos a velos máis de cerca.
Para rematar agasallaronnos cunha bolsiña reutilizable con forma de peixe!!
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS E CONTARNOS TANTAS COUSAS!!!
Clase de Azul
Facendo un repasiño dalgúns animais e elementos do mar que en Galicia e que puidemos ver na presentación.
Posando coas bolsiñas que nos agasallaron!
Clase de Vermello
Despois da visita, en 4 anos fixemos uns debuxos moi chulis da pescadería. Vaia peixes debuxamos.
MOITAS GRAZAS POR VIR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!