venres, 2 de febreiro de 2024

NATUREZA: investigando e facendo semilleiros!


Esta foi unha semana emocionante!
Entre as actividades da semana preparamos unhas manualidades do conto de Grúfalo para xogar no recanto do proxecto. Reutilizamos rollos de papel hixiénico, témperas, pinceis e ollos móbiles.

Quedaron moi chulis!


Seguimos traballando sobre animais como o RAPOSO. Pintamos con pincel e traballamos as súas letras.
ROMEO participou compartindo coa clase 2 contos e un libro para investigar.  Lémolos e empregámolos para as nosas investigacións.

Seguimos investigando animais, como o RAPOSO e habilidades coas mans!

Investigamos en libros de clase dos que trouxeron para o recanto de natureza.

No ordenador e pasamos a papel o que averiguamos.

Empregamos o conto para traballar novo vocabulario relacionado cos animais, lectoescritura, mates...
Tamén elixiron nesta semana investigar sobre os PATOS.
Traballaron sobre o nome.

Buscaron no ordenador...

Lemos un conto de patiños.


Traballamos decorando con plumas e traballando as partes do PATO.




E como sempre plasmamos en papel.
Tamén seguindo co proxecto de natureza tivemos outra experiencia con plantas. A semana pasada sacamos as sementes de distintas froitas e verduras que temos a secar.
E este xoves adicamonos a preparar semilleiros. Na nosa clase preparamos semilleiros con sementes de CALABACÍN!
Para os semilleiros reutilizamos botellas de plástico que sempre gardamos para reciclar.

Saímos ó patio a onde teremos a horta do cole.
Botamos terra nas botellas.


Collemos as sementtes de calabacín.

Plantámolas.

Logo na aula cada un engadiu auga no seu semilleiro.

Traballo feito! Agora quedan preto da fiestra, ó SOL. Iremos regando e vixiando ata que comecen a crecer!

Grazas por colaborar unha semana máis!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!