xoves, 29 de febreiro de 2024

Visita do PAPÁ e a PRIMA de DANIELA para contar un conto!

 Esta semana foi de sorpresa en sorpresa, o martes viñeron de visita o papá e a prima de Daniela e o mércores como xa vistes, fixemos un batido na cociña.

 MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
Martina fixo coa súa mamá esta xoaniña. Que bonito é ver que contades na casa o que facemos no cole.
Alma veu cargada con un montón de insectos. Algún  nos coñeciamos, tivemos que buscalos como por exemplo a polilla. Xa profundizaremos neles máis adiante!
O martes Martina trouxo perexil. Temos que argarllar algo para facer con esta planta tan aromática.
O mércores Noa trouxonos máis perexil. Temos dubidas se será cenoira, temos que profundizar no asunto. Andamos coas comparacións. 
Martina segue coas súas manualidades, un vermiño e unha formiga, que artistada tan chula.
Pablo trouxonos uns animais de dúas patas; galiña, pato,....Gustoulle poñer a galiña picando no seu mandilón. 
Lucas chegou con un ramiño de camelias, que xa adornan a nosa aula.
Noa chegou o xoves con un ramillete de olivo. 

CONTO ESPECIAL DO MARTES

Moitas grazas papá de Daniela e prima por vir a pasar un ratiño con nós na aula. Contáronnos un conto que fixeron Paula, a prima, e Daniela. Que boas escritoras nos sairon.
Contaron a historia de Lili, a bolboreta viaxeira. Lili era unha bolboreta moi inqueda, non tiña medo a ninguén e quería coñecer mundo e vivir aventuras.



Despois fixemos a bolboreta, Daniela repartir uns corazóns, que ao recortalos convertianse en bolboretas. Moita maxia facemos na clase.
Pintámolas como nós quixemos.
Pegaronnos o corpo con un pauíño de madeira, puxeron dous ollos e unhas antenas.
Por último, puxeronlles un cordón de cores para poder levala para á casa.

Moitas grazas por vir!! Pasámolo moi ben, volvede cando queiredes!! Gustanos moito que veñades pasar un ratiño con nós.



A semana transcorreu así....

Noa contou o seu conto de CU-CÚ en la granja e fixemos a ficha do conto. Escribimos e debuxamos un cocho.
Profundizamos sobre a laranxa que trouxo a semana pasada Noa. Está rica para os zumes, comela soa ou incluso para facer biscoitos.
Seguimos co conto do Grúfalo e comezamos a practicar o número 6, seguimos cazando letras.
Fai tempo Martina trouxera musgo, investigamos sobre el. Recordade que está en perigo de extinción. Debemos coidalo.

Ahmed contounos un conto moi divertido de vacas. Debuxamos a Tina, a protagonista da historia.
Esta semana traballamos a letra C, e buscamos algún animal cercano a nós con esta letra e mirade a quen atopamos.
O noso amigo o Grúfalo ten unhas características moi pecualiares, púas moradas, lingua negra, ollos laranxas...desta vez pintámolo con témpera aguada e o dedo.
Como nos gusta "enguararnos", jajaja!!!Quedaron as mans moi marróns!!!
O rato nunca pensou que de verdade existira o Grúfalo e cando o viu quedouse abraiado. O Grúfalo xa estaba pensando en como o ia comer. Os nenos pintaron o rato cos lapis e decoraron o pote con boliñas de papel de seda de cores.
Este rato é moi traviesillo, axudamoslle a contar cantas castañas podía comer, eche moi lambón.
Ata fixemos un crucigrama cos nomes do conto!!


Grazas familias por colaborar na reciclaxe de pilas!


Mañá celebraremos os cumples de febreiro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!