Esta semana conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Nas aulas de infantil vimos algúns vídeos desta escritora galega e lemos algúns poemas para achegarnos a ela.
Decoramos un mural entre todas as aulas de infantil e preparamos unhas macetas con pensamientos xunto con todo o centro!
Clase de Azul
Achegándonos á escritora.
Decorando o mural. En 3 anos pintamos a pel e o pelo de Rosalía de Castro.
Decorando a maceta para a planta de pensamientos. Eles mesmos elixiron o deseño de arco da vella e decidiron engadir flores, formigas e unha xoaniña.
Coa maceta rematada engadiron un pouco de terra.
E coa planta traballiño listo!
Aquí coa maceta no mural de Rosalía.
Só quedaba facer un recordo da conmemoración. Así preparamos unha pequeta tarefa na que cazaron letras con cores mentres xogamos abuscar palabras cos sons da cada unha. Logo pintaron a imaxe de Rosalía de Castro con acuarelas.
Por último, debuxaron flores de cores.
Colocando as flores no mural.
E posando co mural de Rosalía de Castro!
Clase de Vermello
Clase de Verde
Neste días falamos da escritora galega Rosalía e escontaimos poemas convertidos en canción.
Tamén colaboramos no mural cooperativo pintando a Rosalía
Decorando a maceta onde plantaremos un pensamento
Plantando
E con todo listo, fixemos o noso propio mural en pequeniño de Rosalía
Así de bonito quedou o mural cooperativo cos pensamentos de Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!