Esta semana veu de visita a mamá de MARTÍN e contounos un conto moi divertido dun tigre que non sabía onde vivía.
Todos/as estivemos superatentos/as e repetiamos o que nos dixo ISA ata que descubrimos onde vivía o tigre.
Primeiro pintamos todas as partes, despois recortamos e volvimos a pintar para que se vexa dende os dous lados, recortamos o pelo da crin e da cola, pegamos as orellas e o ollo e puxemos as patas e finalmente pintamos as pezuñas.
Traballamos moito e quedounos tan bonito que quixemos levalo para a casa Moitas grazas ISA por vir a pasar este ratiño con nos!!!Volve cando queiras.
Despois do recreo tivemos que facer unha misión RESCATAR O ENTROIDO !!! dos guisantes malvados.
Superpata envionos unha misión! os guisantes malvados estaban a quitar as cores a todas as cousas, e tiñamos medo de mañá non poder celebrar o entroido, entón tivemos que salvar ao colexio nunha misión supersecreta.
Os guisantes estaban por todas partes e se escapaban quitarian as cores a todo o colexio, traballaron duro porque eles/elas tampoco podian tocar os guisantes senón tamén perderian a súa cor.peroooo o CONSEGUIRON!!!non quedou ningún e mañá teremos ENTROIDO
Neste días tamén contamos o conto de Lucas
e deunos tempo a facer cousas da NATUREZA con plastilina
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!