xoves, 8 de febreiro de 2024

NATUREZA: Entre mouchos e vexetais!


Unha semana máis seguimos traballando entre Entroido e o noso proxecto da natureza.
Nesta semana, como nos estivemos preparando para o Entroido, avanzamos só un pouquiño no proxecto. Seguimos co conto do Grúfalo para fixarnos nun novo animal: o MOUCHO!
Buscamos información deste simpático animal dos nosos bosques nos libros, na pantalla, vimos fotos, vídeos...


Lemos un conto no que aparecían unha chea de froitas e verduras coa aparición especial dun GUISANTE MALVADO. Foi moi divertido! Falamos das súas cores, de se nos gustaban, como as comemos, das súas formas,...

Traballamos a nosa motricidade fina con guisantes conxelados! Cazámolos con culleres, coas mans, metémolos e botellas, botes e vasiños. Fixéronos caer, fixeron sons nas botellas, e todo o que se lles ocorreu. Pasárono pipa!
Aproveitamos para visitar as sementes que temos secar.
Continuará!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!