domingo, 4 de febreiro de 2024

OS NOSOS SEMILLEIROS e a visita da mamá de PABLO!

O xoves saímos a facer os nosos semilleiros e o venres visitounos a mamá de Pablo, xuntos ensináronnos unhas fotos chulísimas que saca o seu papá na natureza.

OS NOSOS SEMILLEIROS

O xoves saímos todos xuntos ao espazo onde plantaremos nos bancais para estar máis cómodos para poder facer os semilleiros. Empregamos tres tipos de envases: os vasiños dos iogures, botellas e ata un brick de leite.

Atendemos ben as explicacións das nosas mestras e collemos terra para os envases.

Decididas as semillas, plantamos, cada neno/nena a que quixo. Plantamos acelgas, cabazas e coliflores.
Marchamos para a nosa clase moi contentos coa nosa plantación. Foi unha super actividade!!!

Despois de plantar, na clase, regamos.

Puxémolos xunto á ventá para que lles dé o sol e poidan medrar. 
O venres debuxamos os semilleiros na ficha de febreiro.

Despois do recreo, agardábanos unha sorpresa, a mamá de Pablo, ROCÍO, veu a nosa clase para ensinarnos xunto con Pablo unha MOSTRA DE IMAXES da NATUREZA.
Xuntos, explicaronnos que eran fotos sacadas polo papá de Pablo que lle gusta moito a fotografía. Eran imaxes da Lagoa de Cospeito, tanto de animais como de plantas, da Mariña Lucense...
De animais dos seus veciños como a becerriña ou a súa perrita Lola. Tamén nos ensinaron un lince das súas visitas a Cabárceno.
Da manciñeira e pereira da súa casa.
Este papá de Pablo é un super fotógrafo; fai unhas fotos moi bonitas! Parece que estamos no lugar onde as está sacando. 
Gustáronnos moito estas imaxes!
Todas estas imaxes servirannos para investigar nas nosas investigacións na aula ó longo deste curso.
Mirade que lúa tan chea e tan bonita.
MOITAS GRAZAS ROCÍO POR VIR A NOSA CLASE, DESCUBRIMOS UNHAS FOTOS CHULÍSIMAS E MOI CERQUIÑA DE NÓS! Pasámolo xenial!!

Gústanos moito que veñades á nosa clase a compartir ratiños con todos nós. GRACIÑAS! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!