venres, 30 de novembro de 2018

NAMORADOS

O longo desta semana dedicada CONTRA A VOLENCIA DE XÉNERO aproveitamos para contar o conto de NAMORADOS en todas as clases de infantil, trata sobre unha nena  SALOME que no patio sempre se atopa  con MATEO que non a trata moi ben e decide contarllo a súa nai é esta dille que MATEO o mellor está namorado dela, pero ela non entende esa palabra e os seus compañeiros deciden contarlle un por un o significado desa palabra, e ó final dase conta que alguén terá que explicarllo tamén a MATEO.





mércores, 21 de novembro de 2018

DIA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a BIBLIOTECA nos propuxeron esta actividade "PONTE NOS MEUS ZAPATOS" onde os nen@s deben traer un zapato dunha mullar importante na sua vida cunha historia, a través da actividade procuraremos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das mulleres.

Xa están chegando os primeiros zapatos:




DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O longo desta semana no noso colexio estivemos facendo diferentes actividades para manifestarnos contra a violencia de xénero con motivo do DIA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA CONTRA A MULLER que se conmemora este domingo.
Dende a BIBLIOTECA nos propuxeron esta actividade "PONTE NOS MEUS ZAPATOS" onde os nen@s deben traer un zapato dunha muller importante na sua vida cunha historia, a través da actividade procuraremos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das mulleres.







 






"MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESTA SEMANA O NOSO CORREDOR ESTIVO CHEO DE GRANDES HISTORIAS DE MULLERES VALENTES, LOITADORAS, VIAXEIRAS, FORTES, INTELIXENTES QUE OS NOSOS RAPACES/AS LERON CON MOITA ATENCIÓN"

Tamén colaboramos con outros centros educativos de Galicia na elaboración conxunta dun vídeo, no que todos/as os alumnos/as de infantil e primaria puxeron as suas mans nun mural colectivo co nome de #EQUALITER



  







ESTE FOI O RESULTADO DE TODAS AS NOSAS MANS,  PARA A SEMANA QUE VEN SUBIMOS O VÍDEO CO RESULTADO DA COLABORACIÓN DE TODOS OS COLEXIOS.


Os mais maiores colaboraron co concello na semana de "COSPEITO EN NEGRO" celebrada do 15-25 de novembro para concienciar aos veciños/as de Cospeito.
Hoxe día 23 celebrouse unha lectura dun manifiesto e a posterior andaina Contra a Violencia de Xénero.




OXALÁ QUE TODAS CHEGUEMOS !!

martes, 20 de novembro de 2018

O DIA DO NEN@

O Día do nen@, celebrase o 20 de novembro, e un día dedicado a todos os nen@s do mundo.

E un día para chamar a atención dos nen@s mais desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar da importancia de traballar día a día polo seu ben.
Os nen@s de infantil, contamos o conto "A CHAVE DOS SOÑOS" fala dunha nena e os seus soños, nos tamén pedimos o noso soño e algúns debuxaronno.








Despois cada aula fixo unha marioneta do proxecto que estase a desenvolver en cada clase.