INDIA




En 4 e 5 anos continuamos a nosa viaxe, e dende Exipto viaxamos aún novo continente, repasamos os que xa coñecemos e por onde xa viaxamos

CANCIÓN DOS CONTINENTES


E chegamos o continente Asiático e a cidade de AGRA na INDIA onde aprenderemos moitas cousas novas deste país, comezamos buscando a súa Bandeira, que se chama TIRANGA porque ten tres cores: laranxa, branco e verde que significan o laranxa valentia, o branco pureza e o verde representa as plantas  da India e no medio a roda da xusticia.

E así o fixemos



Esta cidade como as que xa vimos ten un río moi importante 


Tamén vimos este vídeo no que apareceron moitas cousas interesantes que iremos traballando día a día



 En 4º de infantil, 3 anos, comezamos a nosa aventura na INDIA para acompañar os compis que están coa VOLTA Ó MUNDO. Nós, como este mes conmemoramos o DÍA DA PAZ, estamos iniciándonos no IOGA, unha práctica que se orixinou na India.

Segundo a súa cultura, para levar unha vida plena, hai que cubrir 3 necesidades: 
  1. Necesidade física: saúde e actividade.
  2. Necesidade psicolóxica: coñecemento e poder.
  3. Necesidade espiritual: felicidade e paz.
 Cando os tres están presentes, hai harmonía. O ioga ensina ó individuo a evolucionar a través do desenvolvemento da autodisciplina.
Para os nenos e nenas é unha actividade relaxante que mellora a postura, a concentración e a autoestima.

Na clase xa o temos practicado en ocasións, e sempre nos gustou moito. Hoxe imos deixarvos algunhas das posturas que estamos aprendendo esta semana.

A BOLBORETA


A SERPE/COBRA


A ÁRBORE


Dende a casa xa comezamos a recibir cousiñas e na clase investigamos sobre todo o que nos enviaron e descubrimos unha chea de cousas! 
XELDA explicounos a foto que nos mandou a súa familia e contounos que era un PO negro especial que se empregaba para pintar os ollos. Limos o correo que nos mandaron e descubrimos que este PO se chama KAHAL na INDIA. Tamén nos explican que "no antigo Oriente elabórase con antimonio finamente pulverizado, aínda que tamén se podía empregar incienso e hollín, que se obtiña queimando cascas de améndoa."

    A familia de ENZO enviounos moita información sobre a INDIA que empregamos para investigar, e algunhas das cousas que máis nos chamaron a atención foron:
1. Como empregan as mans: dereita para comer e a esquerda nunca para dar regalos, como moito coas dúas ó tempo e que non poden tocar a comida e a bebida doutros.

2. O importante que é para eles a familia, a enorme cantidade de nenos e nenas que hai alí e a pobreza na que viven.
3. As comidas típicas para peques da INDIA e buscámolas para ver como son e imaxinamos como saberían 😋:
CUAJADA DE ARROZ


MANTEQUILLA CLARIFICADA


MALAI POLLO


CURRY DE VERDURAS


KHICHDI

DALIA

4. Cando nós movemos cara os lados a cabeza significa "NON" pero para eles "SI".
5. A vaca é un animal sagrado na India.


 IZAN  e a súa familia buscaron información que compartiron con nós e que IZAN explicou.
Buscaron información nos seus contos e descubriron:
-O seu saúdo xuntando as mans, pechando os ollos e inclinando a cabeza.



-Os nenos e nenas van ó cole apretujados na súa versión de bus de 3 rodas, un "RICKSHAW".



-Visten SARI  e  KURTA.


-Comezan co IOGA ós 8 anos.

-Teñen un festival chamado "DIWALI" con lumes artificiais, petardos e lámpadas de aceite nas entradas das casas. Durante esta festa ofrecen golosinas e regalos.



-Buscaron a India nun mapa e a súa bandeira.




-Experimentaron cheirando distintas especias Indias que tiñan na casa: CANELA (dalchini), CÚRCUMA (haldi), noz moscada (jaifal), curry (agram massala) e xenxibre (adrak).


-Descubriron que o ELEFANTE é un dos seus símbolos de protección, intelixencia e boa sorte e buscárono nos seus contos.


-Buscaron plantillas de MANDALAS e experimentaron con eles.
Cando buscamos estes son os que máis lles gustaron☺️




Pronto aprenderemos máis sobre eles.

Esta semana tamén lemos un conto escrito por un escritor de orixe indio chamado RUYARD KIPLING  e que transcorre na SELVA da INDIA e que todos coñecemos como O LIBRO DA SELVA. 


Fixámonos nos animais e nas vestimentas.  Traballamos valores como a amizade, o valor da familia e a educación para a paz ó tempo que traballando con distintas técnicas como a respiración como vía de relaxación ante un conflito ou situacións conflitiva. 
No conto chamounos moito a atención a nena do final que levaba un puntiño na fronte ó igual que cando buscamos imaxes do KAHAL do que nos falará XELDA. 

Tras investigar descubrimos que se chama BINDI e é unha decoración que levan nenos, nenas, homes e mulleres. 



Nós tamén o puxemos!

Seguiremos con máis cousiñas a próxima semana!




                                                              23-01-2021

Esta semana en 4º de infantil (3 anos) estivemos a aprender novas posturas de IOGA. 
A PONTE

O CAN E O GATO
A RA



Repasamos todo o visto a semana anterior  e continuamos coas nosas investigacións sobre os  MANDALAS.
Aprendemos que son círculos de enerxía que na INDIA cren que axudan a relaxarse, meditar e curar. Falamos de que na INDIA os cores e as formas que se empregan teñen un significado.
SIGNIFICADO DAS CORES:

SIGNIFICADO FORMAS:
Así, experimentamos facendo un collage libre de formas que estamos estudando. Está claro que son uns artistas!

Xogamos coas cores nun mandala sinxelo pintando con distintas cores de témperas  e con bastonciños.


Quedou estupendo!

Xogamos na mesa de luz con distintas formas, todo moi chulo!

Das casas seguimos recibindo e esta semana foi MARTÍN  e a súa familia os que colaboraron enviando un vídeo xenial que nos encantou na clase e nos deu pe a seguir aprendendo cousas da India. 

Aquí o deixamos para compartilo con vós!

Con el repasamos cousiñas que estamos aprendendo sobre a India  e descubrimos cousas novas. Investigamos sobre os círculos de po de arroz que menciona no vídeo e descubrimos que no sur do país fan o que chaman KOLAMS. Cada día fan limpan e mollan o chan e fan un deseño diferente empregando po de arroz, fariña ou flores de cores e polo que atopamos fano como ofrenda para os insectos como as formigas que mencionan no vídeo de MARTÍN para que non entren nas casas. Tamén o poñen como protección e como imán para a sorte e a prosperidade.
MARTÍN e os compis seleccionaron os que máis lles gustaron.
Na clase aproveitamos para experimentar con algo similar ó po que empregan facendo debuxos, formas, letras...

Deixamos un vídeo que atopamos na nosa búsqueda e no que se pode ver como o fan.
Do vídeo tamén nos interesou moito o ENCANTADOR DE COBRAS! Investigamos e vimos que empregan un dos instrumentos da India que nos ensinou o profe Miguel en clase de música, o PUNGI.

Aquí deixamos o vídeo que máis nos gustou dun encantador de cobras empregando o seu pungi.

O incienso é outro dos elementos que nos gustou e a profe Mélani deixounos unha barriña para poñer na clase e desfrutala!

Seguiremos investigando a próxima semana co que nos enviou DANIELA e o que nos chegou estos días!

En catro e cinco anos comezamos a semana co visionado dun vídeo que nos mandou JOEL





e un conto de NAIA da avoa Carmela e todas as cousas da súa maleta vermella





Despois de ver os vídeos investigamos como visten na India, as mulleres levan un vestido que se chama SARI e os homes unha camisa larga KURTA e DOTHI e algúns levan un turbante na cabeza.




BREIXO nos falou duns agasallos da India que trouxo a súa tía un pano e un bolso, démonos conta que gústanlles moito as cores.


Tamén descubrimos que as mulleres adornan as súas mans coa técnica MEHANDI son tatuaxes nas mans e nos pes como parte dun ritual para favorecer a felicidade, chamounos moito a atención e gustounos moito e fixemos os nosos propios tatuaxes.








Dímonos conta que levan tamén un lunar na frente como adorno algunhas mulleres e outras cun significado religioso para dar a entender que están casadas según a súa cor, chámase BINDI, e tamén probamos como nos quedaba como adorno.


En todos os vídeos que vemos saen animais que viven na India, un que nos chama a atención é cas vacas alí son moi importantes, así o conta LUIS que ata os coches paran para que elas pasen primeiro


para rematar fixemos un puzle de as vacas sagradas da India que son consideradas como sinal de vida, os hindús non comen carne e cada familia ten unha vaca lechera na casa como un membro máis da familia.





Nas  aulas de tres e catro anos esta semana comenzamos a facer IOGA unha tradicional disciplina fisica e mental que ten a súa orixe na INDIA



Outra das costumbres o ritos dos hindús son as normas para comer non usan garfo, culler o coitelo senon que usan a súa man dereita como unha culler sentados no chan, as normas de hixiene son moi estrictas, a alimentación ten como base o arroz e as especies, na aula de catro anos observamos as cores das especies da India como o curry, canela, curcuma...despois as ulimos


quiseron probalas



as súas caras xa nos dicen que unhas estaban mais ricas cas outras, e despois deixamos todo o que aprendimos recollido nunha ficha.








Para a semana que ven coñeceremos máis animais da India e as súas construcións!
                                                              13-02-2021

 Na aula de cinco anos traballaron as especies máis coñecidas da India, primeiro probáronas.



Despois pegáronas nas súas fichas


Os mandalas na India son uns diagramas concéntricos que teñen un significado ritual e espiritual usado polas relixións do país, sobre todo polo budismo.


A India é  un país único en canto a número de relixións , aínda que o budismo e a relixión predominante, e ao ano recibe millóns de peregrinos. 

DAMIÁN tróuxonos unha investigación de todos os deuses da India













AIALA nos enseñou que na súa casa ten moitas cousas da India, (BUDAS; ELFANTES e...

Tamén nos trouxo unhas imaxes de diferentes construcción da India e unha maqueta do TAJ MAJAL o monumento máis popular da India cuns xardíns e patios dunha gran beleza. O edificio fíxose na honra da esposa favorita dun emperador musulmán, e necesitaron 20.000 obreiros para facelo.



A maqueta de AIALA


Tróuxonos fotos doutros templos importantes



Outro dos edificios máis coñecidos da India e o "Palacio de los Vientos" con máis de 100 ventás



Na India queren moito aos elefantes porque axudan nos traballos e levan á xente dun lado  outro como taxis, e por iso gústalles decoralos e incluso organizan desfiles con eles.
Deixámosvos un vídeo:


ADÁN, HUGO, ANTIA E AIALA ensináronnos os seus elefantes






NAIA enviounos un video de Micky Mouse para compartir cos seus compañeiros


 


Antía na corentena caracterizouse como unha India e mandounos un saúdo

VIDEO DE ANTIA

LOIS  tróuxonos un mapa para situar onde está a India e a súa bandeira.


 
Esta semana, na clase de 3 anos, investigamos o documento que enviou a familia de DANIELA antes de que tiveramos que confinarnos e queremos mostrarvos as cousiñas que máis nos chamaron a atención.

Coñecemos o RÍO máis importante que percorre a India, o GANGES.

Falan hindi e inglés.
Xogan ó CRIQUET.
Coñecemos o TAJ MAHAL, un monumento situado en Agra.

Descubrimos os BINDI se chaman nos homes TILAK e nas mulleres BINDI.
Durmen en calquera parte

Os coidadores de ELEFANTES chámanse MAHOUT.

Tamén tivemos a oportunidade de continuar practicando IOGA con novas posturas!
-O CISNE


-O LEÓN


-O TRIÁNGULO


Tivemos contacto con algunhas das especias que máis empregan na India e dunhas gustounos o cheiro máis que outras...
Como sabedes tamén conmemoramos de forma tardía o día da PAZ polo que traballamos a GANDHI como símbolo de PAZ na INDIA e no mundo como precursor da NON VIOLENCIA, o que chaman AHIMSA. 

Así. vimos varios vídeos e colaboramos no mural da paz repasando algúnas das cousas máis importantes da India en cada letra: BANDEIRA, BINDI, MANDALAS, IOGA, ESPECIAS e o ELEFANTE.


Ademais co profe MIGUEL achegámonos a distintos instrumentos que empregan na INDIA:

-PUNGI
-TAWIL
-SITAR e TABLA

                                                             20-02-2021

LEO envíanos uns vídeos de dous amigos do seu pai da India, explícannos como sonan dous instrumentos  o sitar e o daf indio e ademais mándannos saúdos ao colexio de Cospeito, falan en inglés uns dos idiomas mais usados na India ademais do Hindi.

Subrata toca o sitar dende New Delhi

Subrata (PREMER)

Tao toca o Daf indio e envia o vídeo dende Kerala

Tao (PREMER)

Finalmente LEO explícanos como é de grande un sitar e outras cousas da India

Leo (PREMER)


No viaxe pola India atopámonos cun encantador de serpes



Tamén aproveitamos para facer algunha postura de ioga como o saúdo ao sol, o gato, o can , a serpe...gústanos moito





Xa estamos rematando a nosa viaxe pola India



e para rematar ZOE recolleu nun mural todas as cousas que aprendemos sobre a India




Na clase de tres anos rematamos coa INDIA entre investigacións e posturas de ioga!!!

Esta semana XOEL presentounos unha manualidade estupenda que fixo na casa coa sua irmá Sabela: un movil de ELEFANTES!!! Recortounos e decorounos xenial. 


Así que en clase voltamos sobre a figura dos elefantes na INDIA e e atopamos varios vídeos estupendos. No que puidemos ver os MAHOUT ou coidadores de elefantes dos que tamén trouxo información DANIELA e como os elefantes serven en ocasións de atracción turística e transporte. Logo vimos uns vídeos dos elefantes divertíndose!

Esta semana tamén aprendemos dúas novas posturas, aínda que unha delas é moi difícil!!!
-O LIBRO

-A VELA:


Logo, para rematar e xa que xa coñecemos unha chea de posturas estivemos inventanto posturas novas!!!
Aquí vos deixamos as que se lles ocorreron cos nomes que lles puxeron!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!