O peixe arco da vella (4ºEI: CLASE AZUL)

 06 de outubro de 2023: O PEIXE ARCO DA VELLA


Este pasado martes tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole co libro de "El pez Arcoíris" de Marcus Pfister.
Con este conto
entretido coñecemos a aventura dun peixe arco da vella e os seus amigos. Todos xuntos cantamos, pasamos un tempo divertido e demos o primeiro paso para o noso proxecto trimestral!
Aquí unhas imaxes do contacontos, canción e baile!


Clase de AZUL

Fixemos un recordo ben chulo do peixiño do conto!


Quedoulles chulísimo!
 
Preparamos a carta para mandar ás casas!

Xa foron para casiña!

23 de outubro de 2023: PRIMEIROS PASOS NO PROXECTO.


 Comezando...

Por fin podemos publicar na clase de azul! Neste trimestre imos amodo porque aínda nos estamos adaptando e moitas veces tardamos en poder sacar fotos ou lévanos varios días rematar un traballiño entre investigar, facer manualidades e recoller todo en papel...

Como sabedes xa comezamos este pequeno proxecto

cunha sesión de contacontos con "El pez arcoiris". 

Con este conto estamos a traballar o mar e os animais que nel viven, a amizade, as emocións e a as cores.

 Participando!
Tras enviar ás casas unha carta pedindo colaboración xa comezaron a chegar materiais!

MARTINA foi a primeira cun peixiño arco da vella precioso! Explicounos as cores que empregou e como pegaron os papeis pintados de magdalena para facer as escamas. Xa está no recanto e xogan moito con este peixiño!

DANA sorprendeunos cun peluchiño de peixe que nos gustou moito. Tamén trouxo un xogo de canasta de peixiño, unhas cunchas preciosas que ainda temos que investigar, e un tiburón temible! Falamos de cada un destes animais e imitámolos.

ROMEO tamén participou amosándonos con entusiasmo as súas aportacións: un puzzle e un conto! As dúas cousas están xa no noso recanto e o conto gústanos un montón por se para tocar. Ademais serviunos nas investigacións que fomos realizando.

EREA  trouxo un xogo de pesca e son grandes pescadores sen dúbida. Divírtense nos momentos de xogo pescando e tentando atinar nun ou outro animal do mar!

HUGO asustounos co seu tiburón espectacular! Primeiro dixo que era un delfín, pero logo dixo que era un tiburón e encantounos. Moitas veces xogan coa manualidade de Hugo e de Martina a modo de marionetas e pásano pipa!

ALEN RÁBADE colaborou con varias manualidades oi traballadas e que soubo presentar moi ben! Primeiro amosounos un puzzle de peixiño que nos describiu moi ben e que nos amosou como montar. Tamén nos falou do delfín xigante que trouxo para decorar no recanto do mar. Falamos das aletas e de como nada. Por último amosounos un collage fermoso son elementos que podemos ver no mar. Falounos de cada un deles e describiunos moi ben. Deunos pe a contar experiencias con estes elementos. Foi xenial!

ALEN AMADO tamén participou traéndonos unha chea de xoguetiños de animais marinos como un pulpo, peixiños, un tiburón... Fomos falando de cada un deles e dalgunhas características que coñecemos.Pouco a pouco iremos sabendo máis deles!
Xa están no nosos recanto do mar e xa puidemos desfrutalos nos momento de xogo!
 
Entre manualidades, experiencias e recollendo o que podemos en papel!
Co pretexto recrear o conto, estivemos recollendo en papel algúns dos contidos que estamos traballando na asemblea, con xogos, contos e cancións.
 En cada ficha recollemos o que aprendemos e imos recreando distintas técnicas plásticas e experiencias de aula. No noso conto imos experimentando facendo manualidades variadas con distintos materiais e técnicas.
Comezamos facendo unha recreación da auga do MAR.
Fixemos un ARCO DA VELLA, xa que o peixiño se asemella a un. Repasamos o conto "Ola arco da vella" e as cores que nel viramos.
Investigamos sobre a pel dos peixes as "ESCAMAS".
Falamos de como gustaban as escamas do peixiño e cada neno e nena da clase falou das cores que lles gustaban, os debuxos, as comidas, os xogos... Logo elixiron unha desas cousas para plasmalas en papel: son uns artistas!
Seguimos decorando con pintura de témpera e bastoncillos das orellas as escamas do peixe Arcoiris. Foi unha tarefa divertida na que traballamos en grupos pequenos por quendas tendo que chegar a acordos cando queríamos a mesma cor ou un estaba moito tempo coa mesma cor. Todo foi ben e quedoulles moi ben!
Aquí os podedes ver traballando en papel e nas manualidades destes días.

Aproveitando a chegada do outono para as nosas manualidades. Para isto estampamos folliñas con distintas cores para facer peixiños na nova páxina do conto.


Practicando soplo para facer as lágrimas do peixiño arcoiris...


Practicando caras tristes mentres vos ensinan as lágrimas que fixeron..

Tamén investigamos sobre as estrelas de mar e recreamos algunhas.



Tamén fixemos un repaso dos animais que viven no mar que coñecemos nestes días e fixémolos para decorar a nosa fiestra...

Preparamos peixiños con material de reciclaxe: cds e restos de gomaeva.

Primeiro experimentamos cos cds con luz, sen luz, cunha lanterna, baixo a auga... e puidemos observar neles as cores do arco da vella!!!
Quedaron xenial!


Para rematar, déixovos a canción dos peixes que tanto nos gusta cantar na clase. Con esta canción traballamos moito a voz, o volume, o ton, a psicomotricidade... Que vos conten como facemos porque é moi divertido como a imos cambiando!

E ata aquí polo de agora!

10 de novembro de 2023: INVESTIGANDO O FONDO MARIÑO E EXPERIMENTANDO.


Seguimos co proxectiño, e traemos moitas novidades!
Continuamos co conto e chegamos á páxina na que o peixiño se atopa cun pulpo. Nesta ocasión exploramos sobre os pulpos, contamos as patas, e fixemos un experimento con luz negra.

Aquí unha canción que nos gustou.

Seguimos co Samaín e cunha experiencia na que o peixiño protagonista do noso proxecto trimestral se caracteriza de pantasma para asustar a todos! Preparamosos peixiños e fixémolos brilar e moverse con imáns.
Aquí con luz e logo na escuridade e con luz negra.


Quedaron moi chulos!



Aproveitamos estos días para achegarnos a outra criatura marina que sae en contos e películas: as sereas!

Lemos o conto "A orixe das sereas".
Traballámolo en clase e aproveitamos para fixarnos nos animais que aparecen.

Aquí preparando unha imaxe personalizada para decorar a nosa clase.

Moi chulis!




Tamén estivemos a confeccionar un mural do mar para decorar o noso recanto do mar.

Primeiro decoramos a parte de auga con azul e branco.



Nestes dias chegaron máis cousiñas.

EREA tróuxonos un conto que nos gustou moito! Contámolo e serviunos para repasar distintos animais e elementos do mar.

Fixámonos nos peixiños que saen nos contos e nas manualidades e engadimos uns peixiños chulis para que naden un pouco. 


Así temos xa decorado o recanto do proxectiño!



Seguimos co contiño e con contidos que temos que ir traballando...

MARTINA mostrounos unha manualidade moi chula dunha tartaruga mariña que fixo coa súa familia. Explicou como a fixo e tocámola. Logo falamos do que sabiamos destes animaise buscámolas en Internet.

Como estamos a decorando o recanto do MAR decidimos facer unhas minitartarugas semellantes á de Martina. Punteámolas cun rotu de brillantina e pintamos uns caparazóns  cada un coa cor que decidiu.

Unha vez montadas quedaron moi chulas!

O recanto queda moi chulo con máis animais!
Nestes días tamén falamos dos barcos como vehiculo para movernos polo mar. Fixemos uns VELEIROS moi chulos para que os fixeran navegar.
Para facelos, picaron a VELA e o BOTE.  Logo  decolaron a vela co rotus de cores. Montáronse con tapóns das botellas que traen e que imos gardando. Elixiron a cor do tapón e quedaron xenial! 


Hoxe fixémolos navegar con sopridos e foi moi divertido!!!



E navegaron!


Tamén estamos traballando a diario coa Asemblea de aula ambientada en moitas partes con elementos do proxecto.

Comezamos coa canción de benvida, saudando un por un ós compis de clase e colocando cada animal de cada emoción segundo nos responde cada enneo e nena como están ou nos parece que se atopan polo xesto.



Seguimos escribindo o noso nome, xogando co son das letras. Logo contamos as letras e levamos un peixiño de cores ata o número que toca.



Seguimos cantando a canción dos días da semana e colocando unha das figuras relacionadas co mar no día que sexa.

Colocamos o tempo que fai e recitamos o pareado cos xestos...

Despois toca traballar as formas. Nomeámolas e colocamos cada debuxiño na figura que sexa máis adecuada.

Sigue a quenda dos números e para iso o dado danos o nñumero que nos toca. Contamos os puntiños e metemos na paixeira tamtos animais do mar como corresponda. Logo acostumamos a bailar unha canción de números.


Rematamos facendo "ximnasia de lingua" coa pantalla ou con outros xogos.


Imos completando a asemblea con cousiñas novas segundo se asenta o que xa está metido.
Continuará...



30 de novembro de 2023: MANUALIDADES, EXPERIMENTOS ENTRE BURBULLAS E MAREAS.


Nestes días fixemos un montón de actividades!
Unha das cousas que fixemos foi que rematamos o conto do peixe arco da vella!
 
Decidimos facer dous barcos para o noso recanto do mar: un barco para ir de viaxe ou de pesca e un barco pirata. Fixémolo reutilizando cartóns e pintando con témperas,


Taballaron duro e quedaron xenial. Xa xogan un montón con eles e co resto de mateiriais do recanto!

Aquí posando mariñeiros e piratas!

Estudamos máis polo miúdo os nosos animais do mar favoritos como o tiburón, o polbo, o delfín ou a tartaruga...

Para facer estes traballiños en papel primeiro falamos do que saben sobre cada animal que elixiron e logo buscamos imaxes que examinamos e vemos vídeos sinxelos para sacar información. Aquí os favoritos!



Fixemos uns peixes chulis para o recanto do mar reutilizando cartóns de papel hixiénico.

Quedaron moi ben!



Polo medio conmemoramos o día do neno. Falamos dos dereitos que teñen e fixeron debuxiños deles mesmos que decoran xa a clase.



Seguimos recibindo materiais. HUGO presentou un mural fermosos que fixo coa súa familia. Serviunos para traballar vocabulario do mar, contar, recoñecer cores...

Fixemos un experimento!
Cada un elixiu un animaliño do mar e con vinagre e bicarbonato fixémolos nadar  e buburbuxear, case parecían vivos!


Nestes días tamén elaboramos mares en botellas!
Primeiro pintaron un peixiño arco da vella e un azul como os do conto
Logo unha vez plastificados metérono en botellas que reutilizamos xunto cunhas caracolas de distintos tamaños e un par de estreliñas de mar.
LLogo, un por un forosn rematando as botelliñas. Mesturaron auga e colorante azul e introducirono na botella, logo puxeron un pouco de brillantina para darlle un toque máxico, engadiron aceite corporal e listo! Puxemos todo perdido pero estivo moi divertido e encantounos facelo!


Quedaron espectaculares e de verdade parecen mares dentro de botellas!





Esta semana a profe Lucía visitounos para falarnos da LENDA da MARUXAINA!
Contounos a lenda, amosounos imaxes e púxonos un vídeo da serea MARUXAINA cos Lunnis!
Amosounos a caracola ou corno e escoitamos a nosa voz con ela na orella e tentaron facela soar.
Logo púxonos unha canción para bailar da MaRUXAINA que nos encantou bailar!
Grazas profe Lucía!



20 de decembro de 2023: O PEIXE ARCO DA VELLA: Rematamos!


 Tras un longo percorrido polos fondos mariños xa demos por acabado o noso primeiro proxectiño en base ó conto "O Peixe Arco da Vella".

Así,

rematamos os últimos traballos, investigacións e comezamos a preparar as portadas e as bolsas nas que gardamos todo o que fomos facendo na avaliación.

Recibimos os últimos materiais antes do remate. HUGO presentou uns animais diante dos compis. Repasamos o que sabíamos deles e buscamos por internet para saber máis. Falamos dos tiburóns e de como nadan coas crías, de como os seus dentes caen continuamente e volven nacer e empregan as súas letas para moverse.

Falamos dos pulpos ou polbos, de que teñen 8 tentáculos, un pico escondido e como cambian de color.

Tamén tivemos que buscar sobre os langostinos e mesmo vimos un vídeo dun pelexando cun peixiño!

Últimos traballiños sobre animais do conto e animais mariños favoritos logo de investigalos...

Portada do conto:

Potada dos animais mariños:

Bolsas:

Sesión de contacontos! Tivemos a sorte de que nos prestaran un contiño dun cabaliño de mar. Un dos animais que máis nos chama a atención en clase.


Hoxe, cada un gardou todos os traballiños que fixeron con moito esforzo. Levaron todo na súa bolsiña e marcharon agardando que vos sintades tan orgullosos como eles!

Seguiremos con máis proxectos á volta das vacacións, grazas por colaborar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!