Polo Día da Paz decidimos facer casiñas para os paxariños con mensaxes significativas deste día.
Clase de Azul
Na clase de azul comezamos preparando un teito feito con gomaeva. para darlle forma e que resistira fóra cando se queira colocar, cosémolo entre todos. Levounos un pedazo, pero quedou moi chulo!
Logo comezamos a pegar elementos de decoración.
Logo practicamos a buscar as letras de PAZ con xogos de letras de clase e construíron a palabra.
Todos o conseguiron!
Logo un por un escribiron a palabra PAZ no teito da nosa casiña.
Quedou xenial!!!
Levounos unha semana enteira pero lográmolo!Clase de Vermello
Pintando un bote que reciclamos para a base da nosa casiña.
Debuxando paxariños para decorar a casiña.A palabra elexida para escribir na nosa casiña é: AMIGOS E AMIGAS.
Pegamos os nosos paxariños ao redor e puxemoslle un teito. Abaixo metemos un cordón onde colgamos uns cascabeis. Trouxemos palla para que cando entren os paxariños esteñan quentiños na súa casiña.
Clase de Verde
Para a nosa casiña dos páxaros para conmemorar o día da Paz o primeiro que fixemos foi recortar moitos papeliños de cores para pegar nos cartóns de leite reciclados.
segundo pegamos moitos papeliños de coresrecortamos as tellas do tellado
e finalmente eleximos entre todos a palabra que á escribiu a encargada do día
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!