venres, 20 de marzo de 2020

COMO EXPLICAR O CORONAVIRUS



Este vídeo fixo David López Cabarcos (4º primaria)  co seu pai, para poder explicar ao nenos/as o que é o coronavirus.




Moitas grazas!!

domingo, 15 de marzo de 2020

TRADESCOLA

A semana pasada tivemos a visita do profesorado da TRADESCOLA



Nos ensinaron moitos instrumentos de música tradicional galega, Carme López non ensinou todas as partes que ten a gaita


Xabi, mestre de baile tradicional  nos ensinou o bombo, o tambor e as culleres


Así soaba o bombo:



Tamén escoitamos a pandeira, pandeireta, pandeiro e unha lata de pimentón 




Tamén as cunchas soan,as sartens de ferro, tarrañolas ...



Todos xuntos sonaban xenial:



Paula Fernández nos ensinou como é o seu acordeón:




Germán Diaz nos mostrou a súa zanfona



Tamén ensinoulle  a Rosalía a tocar o serrucho


Na musica tradicional galega tamén se toca a frauta travesera




E como fin de festa...


OS ALUMNOS DE TRES ANOS TRABALLAN O SEU NOME

Os alumnos/as de tres anos traballan o seu nome, algunha das actividades que están a desenvolver:


Descubrindo de forma máxica as suas letras pintando con acuarela



Pintando con temperas é esponxas


Buscando ás súas letras e rodeandoas cos rotuladores:


xoves, 12 de marzo de 2020

CIRCULAR INFORMATIVA

CIRCULAR INFORMATIVA

A xunta comunicou como medida preventiva fronte ao avance do coronavirus que os centros educativos galegos permanecerán pechados, dende o luns 16 de marzo de forma oficial durante 14 días.

mañá día 13 de marzo a Conselleria recomenda a Non asistencia do alumnado aos centros, ainda que permanecerán abertos, só este día, por conciliación familiar.


Para EDUCACIÓN INFANTIL, dada a complexidade para o traballo telamático, suxerimos as seguintes recomendacións:

Falar moito con eles.
Manter a rutina diaria
Xogar con plastilina
Rasgar papel coas mans
Cortar con tesoiras
Practicar grafias de letras coñecidas
xogar a buscar palabras que empecen con...
Debuxar (cousas da natureza, do día a día, do proxecto que estavamos desenvolvendo nas aulas)
Xogar con pinzas da roupa (agrupar por cores, contar, facer seriacións, poñelas nun trapo...)
Con fabas o garbanzos xogar a contar, facer sumas sencillas.
Leer contos e facer preguntas comprensivas dos contos (que personaxes aparecen, que foi o que mais che gustou?...)
Axudar nas tarefas do fogar (poñer a mesa, meter a roupa na lavadora...)
Escoitar música e que debuxen o que lles transmite.
Compartir xogos en familia





           E o MAIS importante e intentar mantener os hábitos e autonomía!!




                                           Grazas pola vosa colaboración




Para estes días que todos debemos de quedarnos na casa, están aparecendo iniciativas como as deste colectivo de narración oral galega "Pandemia de contos"







domingo, 8 de marzo de 2020

DIA DA MULLER, 8 DE MARZO


Para promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero, para poder conseguir un mundo mais xusto e igualitario onde as nenas e os nenos teñas as mesmas oportunidades, e lograr a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Os nenos/as de infantil traballaron a partir dun conto "MAX E OS SUPERHÉROES" e despois debuxaron cada un a súa superheroina.









Dende a Biblioteca don centro  pediuse a colaboración coas familias para que os alumnos trouxeran unha foto dunha muller importante da sua familia cun pé de foto explicando que é e porqué.

Todas as fotos están expostas nun mural no corredor da biblioteca, deixo o enlace do blog da biblioteca para que vexades o resultado

                                  bibliocpivirxedomonte.blogspot.com