etiquetas

martes, 30 de abril de 2013

Situamos a nosa lagoa...


Ver Un siux na Illa de Arousa! en un mapa más grande

A LAGOA DE VALVERDE

LENDA DA LAGOA DE VALVERDE

No lugar no que hoxe se atopa a lagoa de Cospeito, existiu nun tempo unha vila que chamaban Valverde. Disque a esta vila chegou un día un mendigo pedindo pousada, pero todas as portas se ían pechando ao seu paso. Ata que, xa ás aforas do lugar, foi acollido nunha casiña humilde, onde lle deron abrigo. O mendigo pediu que polo amor de Deus lle desen tamén algo de comer, pero os veciños só tiñan unha becerra no cortello, a súa única forma de manutención. Así e todo, decidiron sacrificala para darlle comida a aquel pobre home.

Logo de cear, o visitante díxolles aos da casa que antes de se deitar, botasen os ósos pequenos da becerra no cortello pequeno, e os grandes no cortello grande; malia que non entendían a razón decidiron facelo así e foron durmir.

Ao día seguinte, ao mencer, o mendigo espertou a berros aos da casa pedíndolles leite para o almorzo. Os veciños pensaban que toleara e lembráronlle que o único animal que tiñan o mataran a noite anterior para darlle algo de cear. Pero o mendigo respondeulles: «¡Claro que tedes vacas que munxir! E iso é tan certo como que a vila de Valverde fica asolagada». Asombrados, os donos da casa foron aos cortellos e atoparon no pequeno varias becerras e no grande varias vacas. Logo miraron fóra e viron que a vila de Valverde fora, efectivamente, asolagada. Hoxe é a lagoa de Cospeito.

Hai quen di que aquel mendigo non era outro que Xesucristo, que andaba a comprobar a xenerosidade dos homes. E hai quen di que nas noites de San Xoán pódense escoitar preto da lagoa as badaladas da igrexa de Valverde, e ata hai quen asegura ter visto en épocas de sequía os tellados da vella vila de Valverde.
 



venres, 12 de abril de 2013

APRENDER NA EDUCACIÓN INFANTIL




Este póster correspóndese ao seguinte mapa conceptual:


sábado, 6 de abril de 2013

¿PODEMOS DESENVOLVER A CREATIVIDADE, A LECTURA COMPRENSIVA, A ESCRITURA SIGNIFICATIVA…MEDIANTE A UTILIZACIÓN DAS TICS NA NOSA AULA?




    Na actualidade as TICs son unha ferramenta imprescindible, sempre e cando as saibamos utilizar ben, podenos simplificar o traballo á vez que motiva ao noso alumnado de forma intrínseca (ex. Pizarra dixital, cañóns, ordenadores…).
    O uso das TICs na educación, ao igual que na vida diaria é necesario porque nos ofrece multitude de posibilidades para chegar á información de forma máis cómoda, sinxela, rápida e globalizada. Esto no ámbito educativo, é moi importante; pero, polo contrario en ocasións, o uso excesivo das TICs pode ser perigoso, e tamén deixar de lado métodos máis tradicionais fundamentais como libros ou xoguetes non tecnolóxicos que debemos seguir manexando.
    Debemos ter en conta que na rede circula todo tipo de información multimodal, polo que debemos ensinar ao noso alumnado que hai que facer sempre unha lectura compresiva e crítica, discernido a información que merece a pena daquela que non ten valor algún.
    A lectura dixital enriquece  a nosa linguaxe e o noso pensamento, sempre que o texto esteña correctamente escrito. Non calquera lectura serve para desenvolver a nosa linguaxe, por iso é fundamental aprender a elexir ben.
    Por último, destacar que na nosa sociedade existen evidencias de que o uso excesivo das TICs pode ser moi negativo chegando a crear dependencia, e polo tanto un aillamento social, situacións que tentaremos evitar.
    Como conclusión, tentaremos que o noso alumnado acade unha aprendizaxe significativa, para que poidan ser capaces de decidir por si mesmos en todos os aspectos das súas vidas, tamén no uso das TICs. Convertíndose así en ciudadanos críticos e ben informados sobre as ventaxas e os inconvintes da rede.
    Poderán decidir por si mesmo se o ordenador é unha ferramenta útil nun momento dado ou, polo contrario cando é a hora de apagalo.



xoves, 4 de abril de 2013

O GRAN ESTRENO

MIRADE QUE PEDAZO DE ACTRICES E ACTORES TEMOS NO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA...


VIDEOPOEMA

ANDAMOS EN BUSCA DA PRIMAVERA QUE NON DÁ CHEGADO A NOSA TERRA...A VER SE A ATOPAMOS...