xoves, 22 de maio de 2025

Unha semana adicada ó teatro!

Esta semana desfrutamos de dúas obras de teatro  moi especiais.

Dun lado unha obra de teatro en inglés titulada "Under the sea" da man da compañía "Face2Face". 

Nesta obra interactiva, baseada na historia dunha serea e as súas andanzas, divertíronse e participaron nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.


E por outro lado, unha obra de teatro feita con moito agarimo por parte do alumnado de 4º de primaria e coa axuda da profe Tamara. Este grupo de nenas de 4º interpretou "Os contos de lobicán" de Eva Mejuto.
Grazas ás actrices de 4º!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!