Días especiais en familia, os que nos gustan. Hoxe visitounos na nosa aula os papás e o irmán de Valentina.
Tivemos unha conversa de profesións. Profundizamos nas profesións que poden ser ocupadas por homes e por mulleres. Todos podemos desempeñar a profesión que queiramos. Vimos como a mamá de Valentina, Paula, conducía camións e xogaba o ruby. E á vez vimos como o papá de Valentina, Adrián, facía de peluquero. Vimos a Thiago, seu irmán, axudando a limpar o camión e ata vimos a avoa de Valentina conducindo o camión nas imaxes.
Esta familia sabe compaxinar moi ben o seu tempo, e entre todos axúdanse nas súas tarefas. Tanto cando Adrián vai no camión como cando Paula está na peluquería.
Despois cada un debuxou o que quería ser de maior. Supoño que ao longo do tempo iredes cambiando pero tede en conta que seredes todo o que queirades ser, porque ningunha profesión vai asociadas a ser home ou muller.
O debuxo é o noso.
Por parellas, foron explicando o que querían ser e temos: roqueras, tractoristas, camioneros, bailarinas, peluqueros, futbolistas....
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!