Hoxe tivemos visita de familia, como nos gustan estas visitas. A mamá e os irmáns de Izan viñeron a clase para contar un conto e para facer unha actividade moi chula e que nos gusta moito: pintar as mans de témpera.
Paquita contounos o conto de Orejas de mariposa.
As características que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e ÚNICOS. Dá igual se somos altos ou baixos, se temos o pelo longo ou curto...
Despois pintamos as nosas mans con témpera e estampámolas nun papel continuo.
Os irmáns de Izan axudábannos co lavado de mans. Eles tamén decoraron o noso mural.
Que divertido! Unha vez que deixamos a nosa pegada puxemos o noso nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!