Hoxe na nosa biblioteca fixemos tinta invisible con cúrcuma con ROSA a profe dos maiores da ESO.
Preparou unha solución de cúrcuma disolta en alcohol.
Preparou unha solución de bicarbonato de sodio disolto en auga.
👨🎨👩🎨Os nen@s de infantil usando un pincel, pintaron a solución de bicarbonato de sodio sobre unha flor.
Isto será invisible.
Usando outro pincel, pintaron a solución de cúrcuma sobre a flor.

QUEDARON UNHAS FLORES PRECIOSAS!!!
Rosa tamén aproveitou para deixar unhas margaridas en auga con colorante azul, a semana que ven volveremos a velas a biblioteca!
GRAZAS ROSA POR FACER DA CIENCIA MAXIA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!