Estos días traballamos un pintor español chamado Joan Miró.
Formas e cores que empregaba.
Os peces de cores de Miró.
Fixemos unha artistada das nosas, debuxamos un ollo e a partir de aí cada un o que quixo. Recordamos que Miró emprega ollos nas súas producións.
Nesta semana na actividade do conto debuxamos de fondo ollos como debuxaba este artista. Tocounos debuxar a Patri e a Héctor nesta ocasión.
Esta semana visitamos o horto. Quedamos abraiados co que medrou todo, vimos que comezan a saír os brócolis ou os romanescos, a ver que será, que non temos nada claro porque ao principio parecense moito. Os repolos e as lombardas comezan a cerrar. Tamén observamos as outras plantacións: patacas, acelgas, allos, cebolas, coliflores....
O noso recordo de infantil permanece no albaricoqueiro, sempre que miremos para el recordaremos que en 4 anos plantamos este frutal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!