xoves, 22 de maio de 2025

GRAZAS MAMÁ E MADRIÑA DE THIAGO!

  Hoxe tivemos visita en familia. A mamá e a madriña de Thiago viñeron a nosa clase para contar un contiño e facer unha manualidade.

Xuntos contaron o conto de Cando chega o outono .


Thiago repartiunos dúas cartolinas, unha para recortar a forma do erizo e outra máis clariña para facerlle as púas.
Que dominio temos de tesoira!
Grazas a axuda de Jennifer, a mamá, e Jesica, a madriña de Thiago.

Unha vez que tiñamos todo recortado pegamos. Puxemoslle un ollo móvil e un pompón de fuciño. 
Quedou moi gracioso e orixinal.
Moitas grazas familia, pasámolo moi ben. Gústanos moito que veñades pasar un tempiño con nós. 

Unha foto de recordo do paso de Thiago polo último ano de infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!