sábado, 31 de maio de 2025

GRAZAS familia YANES ROMAY!

  Onte volvemos a desfrutar das visitas das familias. Os papás e a irmá de Martiño viñeron a nosa clase.

Xuntos contaron o conto do Rato que comía contos.


Despois do conto fixemos unha manualidade, Martiño e Carmela foron os encargados de pintarnos a man de gris para estampala nunha cartolina.

Que credes que fixemos? Un rato cos seus bigotes, as orellas e a súa cola.

Quedou moi chuli, igual que o protagonista da historia do conto.
Moitas grazas familia por vir pasar un ratiño con todos nós. Os días que vides vernos son días moi especiais.
Un recordo en familia do paso de Martiño en 6º educación infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!