venres, 23 de maio de 2025

Arte: Miró e Van Gogh...

Seguimos coñecendo distintas técnicas e artistas. Nesta ocasión aproximámonos a JOAN MIRÓ!

Investigamos un pouco e plasmamos en papel o que atopamos.


Ademais de investigar no ordenador imaxes e vídeo, tamén nos fixamos no libro da biblio sobre este autor.

Logo fixemos unha reprodución dun dos seus cadros con rotus e tiza azul para o fondo.


Moi chuli!


Logo pasamos a retomar no noso dossier a Van Gogh sen moito que investigar, posto que xa o levamos traballando bastante tempo.

Fixemos unha reprodución da nosa obra favorita.

Tamén fixemos no libro un debuxo a partir dun círculo e quedaron moi orixinais!


E tamén seguimos cunhas manualidades que pronto veredes coa técnica de serigrafía adaptada á nosa clase.


Como fostes vendo (ou non vendo) levamos 2 avaliacións prparandovos unha sorpresiña.. e aínda nos queda!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!