Último ano de infantil e queríamos rematalo dunha forma especial. Grazas a todas as familias por colaborar nos contos viaxeiros.
O tempo corre moi rápido, case sen deternos e quixemos rematar esta etapa da mesma forma que comezamos. Se recordades, o primeiro proxecto que fixemos en 3 aniños foi o de creadores de contos. Daquela, eu xa sabía que había moitos artistas e grandes contadores de historias, tres anos despois temos catro contos feitos por eles.
O conto do equipo AZUL é sobre a reciclaxe, que lle pasou o papel?.
O conto do equipo VERMELLO é do noso albaricoqueiro, o que plantamos o curso pasado no espazo verde.
O conto do equipo VERDE é sobre as verduras.
Coa marcha de Saad cambiamos a Luca de equipo para compensar os integrantes de cada un deles.
O equipo AMARELO fixo o conto relacionado co horto e unha cabaciña.
Gústanos moito escoitar contos, que veñades as familias ou outras persoas a contarnos historias increíbles e marabillosas.
Esta semana cumplimos outro obxectivo, ser nós os que lles contábamos os contos aos nosos compis de infantil.
Non poidemos ter mellor público. Grazas compis de 3 e 4 anos.
Parabéns creadores de contos, fixéstelo moi ben. A profe está moi contenta polo voso esforzo, traballo e superación aos medos de falar en público. Sodes xeniais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!