Os animais xa están todos de volta no colexio!
A caixa máxica deixounos distintos materiais como pintura rosa, conta gotas, algodón e unha ficha onde poñia "porco", dimonos conta que con todo aquilo tiñamos que facer o novo animaliño que voltara ao cole.
Primeiro botamos co conta gotas gotiñas rosas no algodón
Cando secou lle fixemos os ollos, nariz, patas...
Os osos tamén voltaron ao cole, primeiro investigamos como eran de que cor, como tiñan recuberto o seu corpo, cantas patas teñen, que comen...tamén descubrimos que no inverno dormen moito, así que van ao cole a durmir.
Despois decidimos a cor co que o pintamos algúns negro e outros marrón, e finalmente cosemoslle o xerxei pasando unhas cintas dun lado ao outro para que non tivese frio no inverno
Os ratiños tamén volveron ao cole, pero ao comedor porque lles encanta o queixo...
Coloreamos a súa roupa, picamos a súa cabeza e despois o pegamos na ficha
Para a semana voltaran os últimos animais que nos faltan. pero onde se atopan?
Ademais xa comezamos co proxecto de creadores de contos, falamos para que serven os contos, que podemos facer con eles, e onde se atopan..., entre todos sairon un montón de ideas...
Un dos sitios no colexio onde temos moitos contos e a BIBLIOTECA e alí estivemos
Primeiro falando que todos os contos son distintos en tamaño, ainda ca maioría son cadrados o retángulos, tamén que teñen unha PORTADA onde en letras grandes aparece o TÍTULO en pequeniño a persoa que o escribiu, ainda que algúns dos libros infantiles foi dificil de atoparlle o AUTOR.
Tamén comezaron a contar o seu conto favorito
LEO foi o primeiro e fixoo MOI BEN! Nótase que lle gusta moito
Despois o deixamos recollido no papel, quen lee, o título do conto e o que mais nos gustou do conto
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!