domingo, 9 de outubro de 2022

SEGUIMOS COA VOLTA AO COLE DOS ANIMAIS

 

Seguemos a coñecer cousiñas dos animais que fai uns días voltaron ao cole

Os caracois voltan ao cole

Primeiro investigamos como eran e despois os decoramos e así de bonitos nos quedaron 


Os parrulos tamén voltaron ao cole, pero non tiñamos moi claro de que cor eran así que despois de investigar fixémolos de moitas cores

Primeiro lle fixemos o seu corpo e despois contamos dúas patas e un pico e un ollo


O día da excursión miramos moito na Lagoa a ver se os viamos pero non tivemos sorte





Os lobos tamén voltaron ao cole e a nosa caixa máxica deixóunos pintura branca e negra e non sabiamos que facer con ela, así ca mesturamos


dímonos conta que saira a cor gris e con axuda dun tenedor comezamos a dar forma a cabeza do lobo


e finalmente ollos e boca


Os crocodrilos tamén voltaron ao cole, estes déronnos moito traballo, primeiro pintamos o corpo de cor verde, despois a pel por encima, a boca, os ollos e así nos quedaron

Os coellos tamén voltaron ao cole, primeiro decoramos as letras, despois picamos os coellos e finalmente puxémoslle papeis de cores diferentes


Tamén ao mesmo tempo seguemos a recordar as letras que xa coñecíamos de diferentes formas



Tamén repasamos os números que xa coñeciamos contando


e xogando cos novos xogos


Tamén aprendemos novas rutinas como a de pasar lista e colocar o noso nome no cole o na casiña


Ademais esta semana pasounos unha cousa moi curiosa, no patio de infantil no recreo   comezaron as teorías ó irse decatando de que había algo raro na árbore do patio. 

Primeiro decían que era un pau pintado. Algún dixo que parecía un corno de unicornio. Algúns dicían que non podía ser, porque non existían... Outros apuntaron que eran máxicos, así que podía ser... Que se iría voando e lle caeu na árbore... 

E un sen fin de teorías que fixeron entre eles. Mentres, os nenos e nenas de 5, escoitaban e só dicían que eles non sabían nada, que eles non fixeran nada. Que risa ver toda a escena!
Por fin, baixámolo e confesaron os nenos/as de 5 anos que era unha broma, explicaron o que sabían dos mariñeiros, os narvais e como decían que eran cornos de unicornio máxicos.
Foi moi divertido!
"Moitos pensaban que os unicornios eran seres máxicos e con poder, e non faltaban os pillos.
Así, algúns mariñeiros , adicábanse a cazar NARVAIS para sacarlles o corno que teñen e venderllo ós reis e nobres ricos como se foran cornos de unicornio máxicos, capaces de curar enfermidades e o envelenamento."
E así o plasmaron no papel

Poucos animais faltan para voltar ao cole e despoís continuaremos cos contos sendo creadores e precisamos a vosa colaboración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!