venres, 21 de outubro de 2022

CREADORES! Ingredientes.

Esta semana comezamos descubrindo os ingredientes para un conto. Que necesitan os escritores para inventar e contar unha boa historia? Personaxes, un lugar, un problema, unha solución e un final. 

Así que inventaron un ingrediente de cada e crearon unha historia. 
EGLEFINO + CARAVANA + PINCHAZO DE RODA + CAMBIO DE RODA = VIAXE!

Logo volvemos ós contos da semana pasada para repasalos fixándonos nos seus ingredientes principais.

Comezamos co conto de Izan fixándonos nel a través da súa canción "Cocodrilo".


Neste conto decatámonos que non existían todos os ingredientes e falamos dos contos encadenados. Falamos dalgúns coñecidos e cando o tiñan claro saíron cancións encadenadas, como a do Pilloto Pío, que quixeron deixar no blogue.


Recordamos os tres porquiños co conto de Ruth fixándonos nos seus ingredientes. Este tíñaos todos e souberon identificalos perfectamente.

No conto de "O coelliño branco" de Daniela recordámolo cunha canción do conto. Tamén os identificaron sen problema!

Ademais, esta semana, chegou a primeira aportación das casas cunha manualidade preciosa de Daniela: un coelliño branco! Explicounos a todos que o fixera coa súa nai e encantounos! Estamos desexando abrir o recando do proxecto!


Nesta semana contou o seu conto Enzo. Leu para nós o conto de "La bella y la bestia" unha fermosa historia dunha rapaza namorada dos contos. Fíxoo xenial e gustounos moito. 


Tamén o plasmaron en papel, pero non puidemos poñer o autor non o ilustrador, posto que non viña no libro.



Adriana leunos esta semana "O gato lambón"! Un conto moi divertido dun gato que papá todo o que pilla. Adriana contouno estupendamente ben e que gustou moito a todos. 
Martín decatouse ó comentalo que era un conto encadenado semellante ós que comentaramos anteriormente.

Como de costume recollémolo en papel.


 O noso compi Martín participou coa súa nai na actividade de contacontos co libro : "A mellor sopa do mundo"
Unha historia moi chula cunha chea de animais. Fixeron unha pequena representación que nos gustou un montón e entre todos cantaron a canción de "Sopa, sopa, sopa...". Foi unha gran experiencia que todos e todas desfrutaron moito. Grazas por participar na aula!
Aquí vos deixamos a canción que cantamos para o conto, son uns artistas!
Aquí o traballiño en papel.

Martín tamén nos trouxo un novo material para o recanto do proxecto, a granxa que empregou para a súa representación! Presentouna na clase e xa é parte do recanto ata que rematemos. Grazas por colaborar!


Contounos o seu conto tamén Leire: "La granja de Zenón". Un dos temas que máis nos gustan con animais e unha gran granxa. Aproveitamos para facer adiviñas de animais e falar das nosas experiencias con animais.




Para rematar repasamos o visto.

E preparamos as marionetas da semana.


Entre os proxectos da semana tamén estivo crear un

teatriño para contar historias na biblio, en clase e para as marionetas que imos creando pouco a pouco a medida que os compis van contando os seus contos. Buscamos en internet e elixiron o que máis lles gustou.  Decidiron cambialo un pouco, posto que querían engadir azul e máis estrelas.
Así fomos preparándoo entre todos.


Quedou fermoso e pronto o usaremos para unha actividade de infantil.



A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!