venres, 14 de outubro de 2022

OS NOSOS PRIMEIROS TRAZOS e SEGUIMOS COAS CORES!

 

Esta semana seguimos descubrindo cores e tamén estamos empezando a facernos a nós mesmos.

Na asamblea traballamos un montón de cousiñas, eleximos o encargado, cantamos cancións, miramos en que día da semana estamos e ata sabemos que estamos no outono. Mirade que argallada fixemos para celebrar o outono na nosa clase.

A partir da nosa foto fixemos a barrigola, as pernas cos pés e os brazos coas mans. Que divertido é debuxar con rotus!!


Repasando letras para titular o noso mural: O OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS.
Pegando follas de papel das cores desta estación.
Esperamos por Anxo para colgar o noso mural:
Que chuli nos quedou!!!
Á vez seguimos descubrindo cores no libro de Hervé Tullet. Nesta ocasión unimos as cores iguais con ceras da mesma cor.
Pintamos as nosas mans de cores, que gustou moitísimo!!
Unha vez que secou, decoramos a nosa clase, porque as nosas mans déronlle moita cor. 
Esta semana tamén traballamos os conceptos encima-debaixo e estivemos pegando pegatinas:
Seguimos xogando cos xoguetes da clase: coa cocinita, cos coches, cos animais, coas pezas de construción, a plasti... pero tamén  xogamos a uns xogos novos;  un tanto dificiles ou non? Tiñamos que coser, manter o equilibrio e facer series cos tapóns das botellas. Pásamolo moi ben!
SONRISA DE VENRES!!! Bo finde!

Ata luns!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!