venres, 21 de outubro de 2022

AS CORES E OS CÍRCULOS


Esta semana seguimos xogando coas cores e tamén con unha forma moi circular.

Por primeira vez no cole usamos o lapis e despois repasamos os círculos con rotu!

Artistada de cores a partir dun círculo:
BRAVO!!!!
LIBRO COLORES de Hervé Tullet. 
Fixemos maxia de novo!!!Repasamos as cores aprendidas e descubrimos outra mezcla moi guai. Que pasa se a cor vermella a mezclamos coa amarela.....que cor sae?

A LARANXA!!!!!


Descubrindo o poder do PUNZÓN!!!e pica, jajajaja!
Mirade que ben picamos!!! Despois puxemos papeis de cores por detrás: azuis, verdes e vermellos.
O xoves convertémonos en grandes pintores facendo grandes obras de arte! Raias, círculos, manchiñas...todo vale nesta artistada de cores.  A profe está moi contenta co ben que estamos traballando!! Usando moitos colorines, CHULADA!!!!
Ata luns compis, hoxe había máis nenos na casiña que no cole. Recuperádevos prontiño!!! SONRISA de VENRES!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!