Esta semana seguemos contando contos e aprendendo mais cousas sobre eles.
Comezamos a semana con conto de Sara dun NARVAL, fíxonos moita ilusión porque fai pocucas semanas contamos a súa historia relacionada co seu corno máxico.
Ademais Sara coa axuda da súa familia trouxo un fondo marino precioso onde observamos todo o que podemos atopar debaixo do mar, XA ESTÁ NO RECUNCHO DO PROXECTO.
Despois de contar o conto fixemos o nome de SARA que nos contou o conto, coloreamos se nos gustou, puxemos o seu título e debuxamos un NARVAL
Esta semana tamén tivemos unha gran sorpresa porque visitounos ANTÍA a irmán de SAMUEL C, e entre os dous nos leeron o conto dos tres porquiños con pictogramas.
Pasámolo moi ben, gustanos que nos veñades visitar!!
Despois pasamos todo ao papel, o que maís nos gustou foi debuxar aos porquiños
O preferido de Samuel é o lobo
Ademaís esta semana encendimos a lanternas de Samaín na clase, pasámolo moi ben cada vez que chegaba unha, quedando as oscuras e solo coa luz das lanternas. MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!