venres, 7 de outubro de 2022

CREADORES !

 Comezamos un novo proxecto en base ós intereses que expresaron o curso pasado. Falaran de unicornios, como sabedes, pero tamén dun montón de personaxes de contos que lles gustaban así que imos polos contos co proxecto "CREADORES"! 
Comezamos lendo un conto no que saen moitos contos dos que falaran en clase para ver se había algún que lles chamara máis a atención ou algunha idea sobre cara ond quería ir co proxecto. 
(A idea é que canto máis traballamos por proxectos e se familiarizan con eles, o alumnado vaia tomando máis protagonismo nas eleccións, fixen obxectivos finais do proxecto, planifiquen e propoñan actividades para realizar chegando a acordos.)

Lemos o conto de "Eglefino", onde a súa personaxe principal é un monstro que percorre varios contos coñecidos nos que non o queren. 

Lido o conto, comentámolo e mostraron moito interese en Eglefino e a súa triste historia de monstro sen conto propio. Mostraron o seu desexo de crearlle un conto propio. Así, entre as peticións de traballar contos e de darlle un a Eglefino, xurdiu o obxectivo final do proxecto na clase de Azul.

Abrimos unha posta en común para ver que necesitaban investigar para logralo e decidir que actividades querían realizar. Levounos bastante facer isto, pero por fin xa tiñan claro o obxectivo do proxecto: darlle un fogar a Eglefino na clase e o seu propio conto. Con estes 2 obxectivos claros tomaron moitas decisións para conseguilos.

Por iso, enviamos hoxe cartas para coas suxestións que eles mesmos fixeron en clase onte, e que quedan por escrito na carta. Dende disfraces, audiocontos, xoguetes de contos ata manualidades feitas con vós. O importante como sempre é que sexan eles os protagonistas e presenten o que traian ante os compis. (Recordade que todo debe traer o nome posto).

Pedimos ademais que cada un traia un conto especial que coñezan ben para lelo diante dos compis. (Terán toda a axuda que precisen). 

 As familias estades invitadas a visitarnos para presentar os materiais se vos apetece, axudarlles a contar o conto ou se queredes facer outra actividade relacionada co proxecto, teredes as portas abertas.

Xa comezamos a traballar un pouco falando das persoas que fan os contos : escritores/as e ilustradores/as e nas partes dos contos. Víñamos xa dende comezos de curso fixándonos neles cada vez que líamos un conto en vista das peticións do pasado curso. 

Unha das cousas que querían facer e un Eglefino grande e así o fixemos e quedou hoxe colgado. Quedou moi chulo e todos e todas participaron pintando con coidado.


Tamén fixemos un modelando plasti. Cada un fixo unha parte e fómolas unindo con coidado. Quedou moi chulo!

A próxima semana continuaremos!

https://picasion.com/


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!