sábado, 15 de outubro de 2022

CREADORES! Entre contacontos e partes do libro.


Esta semana comezamos a estudar as partes do libro
: portada, contraportada, lomo, páxinas, texto, ilustracións, números de páxina... Primeiro buscámolas en libros que tiñamos pola biblioteca de aula e logo plasmámolo en papel. 

Comezamos coas sesións de contacontos dos nenos e nenas da clase. Están facéndoo xenial! E imos gardando un rexistro dos contos para poder revisalo e elixir novos contos unha vez na casa.

Fixámonos en quen son os escritores e os ilustradores dos contos que nos chegan e outros contos que imos lendo.

Ó mesmo tempo traballamos lecto - escritura, lóxica - matemática...

Comezamos con Izan, que nos contou e cantou o conto "Cocodrilo" e que nos encantou. Contouno tamén coa mesa de luz e foi estupendo! Logo falamos entre todos dos detalles do conto e plasmámolo en papel.


Daniela contounos o conto "Coelliño branco" un conto fermosísimo que nos gustou un montón e que contou moi ben! 
Recollemos en papel como anteriormente, como de que era o conto, puxémoslle puntuación segundo os nosos gustos, recollemos o nome do escritor e o ilustrador. Que casualidade que o ilustrador era o mesmo que no conto de Izan! (Óscar Villán)

Por suposto, seguimos practicando outros conceptos importantes e os donos de cada libro elixen algún detalle do traballo. No caso de Daniela, elixiu un coelliño branco para a súa ficha.
Traballaron primeiro sos e logo saíron a pizarra dixital para que todos e todas puideran revisar e corrixir os seus traballiños.

 O conto de Ruth, "Los tres cerditos", foi o 3º da semana e foi xenial como o contou. Sen dúbida é un dos contos favoritos da clase!


Como sempre, tomaron os datos do conto e practicaron outros contidos.

Ademais de todas estas tarefas e moitas outras que non collerían neste post, comezamos a preparar marionetas dos contos desta semana e están quedando moi ben!
Aquí moi concentrados traballando duro nas súas marionetas!


Moi chulas todas!

A próxima semana seguiremos coas sesións de contacontos e seguinte actividade que temos pendente da listaxe proposta polos nenos e nenas da clase para o proxecto!

Estamos desexando ler máis contos e ir formando un recanto co resto de materiais que enviedes,  moitas grazas por colaborar!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!