O xoves pasado comezamos o primeiro proxecto do cole, imos descubrir as cores e as formas a través dun contiño moi chuli que está cargado de moita maxia. O longo deste mes poderedes ver canto imos descubrindo.
Luca xa ten na súa casa a piruleta de sabores, mentres gardámola con moito cariño no cole.
Traballaremos sobre o libro COLORES de Herve Tullet neste proxecto.
Pero cantas cores hai!!!Pero mirade que parecen como se as cores as pintáramos nós coas nosas mans!!!
Imos facer algo parecido ao do libro, pero usando as cores do outono e facer unha árbore representativa da estación na que estamos. Primeiro calcamos a nosa man, para pintala con témpera marrón.
Decoramos coas cores que atopamos estos días polo cole: verdes, laranxas, amarelas, vermellas.
Pero que artistas sairon estes peques de 3 anos!FACEMOS MAXIA: MEZCLA DE CORES!! Estes peques son moi magos!!!!
QUE PASA SE MEZCLAMOS O AMARELO CO AZUL? SAIRÁ VERDE???
Traballamos os conceptos dentro e fóra. Pintamos co noso dedito máxico dentro do círculo.
Pero mirade como fixemos círculos de cores.
Seguimos xogando, non pensedes que traballamos seguido!! A construír!!!!
Máis maxia para rematar a semana!! Que pasa se xunto a cor vermella coa azul???
Sairá violeta???
Imos probar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!