sábado, 25 de abril de 2026

R de Roi e os cervos

 Esta semana traballamos a R de Roi. Escoitamos varios contos pola semana do día do libro, rimos moito para facer un vídeo para recomendar un dos nosos libros favoritos e coñecemos un pouco máis uns animais que viven no bosque que se chaman cervos.

Momentos da asamblea:
A R non é dificil: palito, cabeza e patada. Xa o dixo Dennis a semana pasada facendo a letra de Paula. Que se lle poñiamos un palito a P xa tiñamos a letra de Roi.
Debuxando a cara de Roi na súa letra.
Repasando a súa letra e debuxandose. Despois todos fixemos o mesmo.

Poñendo gomets na letra.
Repasando as letras do seu nome.
Cazando Rs e pintando co dedito máxico.
Volvendo a ver as letras do nome de Roi para repasar e intentalas facer porque son moi faciliñas.
Pegando o nome en folios de cores.
Debuxo e escribimos o nome de Roi.
Esta semana vimos a diferenza entre corzos e cervos. Os corzos son máis pequenos.
De manualidade fixemos un cervo. Primeiro pintamos un plato de cor marrón. 
A profe, co lapiz, debuxou as nosas mans que seran os cornos do noso cervo.
Unha vez que secaron os platos doblamolos e pintalos de cor carne,  tamén picamos as orellas.

E quedaron así de graciosos.

O xoves lemos este conto tan gracioso. Neste libro os animais estaban patas arriba.

A semana pasada Dennis quixo traer ao cole un conto que lle gusta moito. Algo pasa na casa do lobo. O martes contámolo e gustounos moito, porque de novo vemos que os lobos non son malos e non hai que terlles medo. O deste conto é moi bo, xa que collía os animais do bosque bebés para lerlles un contiño polas noites, cando os papás e mamás es percataron quedaron encantados co lobo.
Un conto moi fermoso para festexar esta semana que estamos na semana do día do libro.

Na publicación da semana do día do libro podedes ver o vídeo que fixemos para conmemorar este día tan especial. Bo fin de semana peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!