sábado, 25 de abril de 2026

Actividades na semana do Día do Libro

  Esta semana estivo chea de actividade arredor dos contos. Comezámola cun contacontos moi especial, preparado con agarimo polas persoas usuarias e polas coidadoras do centro de día.

Para poñer o broche final, tivemos o pracer de gozar dun fermoso contacontos da man de Paula, que nos fixo viaxar coa súa voz e imaxinación. Sen dúbida, unha semana máxica na que as historias foron as verdadeiras protagonistas.
Ademais, para conmemorar este día tan especial, cada aula realizou a súa propia recomendación dun conto, compartindo así lecturas e descubrindo novas historias.

Na aula de tres anos 


Na aula de catro

Como lembranza, tamén recibimos uns fermosos marcapáxinas feitos polo alumnado e profesorado do centro, un detalle cheo de creatividade.






E para rematar contacontos con Paula con conto "Algo pasa na casa do lobo"


Foi unha semana inesquecible na que os contos nos uniron, nos emocionaron e nos lembraron o poder da lectura para crear comunidade e facer voar a imaxinación.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!