Hoxe foi un día especial na clase porque visitounos unha familia; a do noso compi Daniel.
Algúns dos compis xa o coñecían.
Escoitamos e observamos con moita atención.
Os papás de Dani, Lorena e Jesús, tiñannos unha sorpresa: trouxeron unha lúa especial! Para probala e entre todos descubrir se o seu sabor é doce ou salgado.
Ummm...que rica!
E para rematar a actividade en familia, fixemos unha lúa con platos de cartón e algodón.
Tiñamos que desfacer o algodón en porcións pequeniñas e ilo pegando ao plato que máis tarde seria a lúa do conto.
Finalmente os papás de Dani axudaronnos a recortar.
Mentras ian recortando íamos xogando a ver que animal chegaba a probar a lúa e descubría o seu sabor.
Na casa poden xogar con todos os animais e cambiar o conto como queiran para descubrir quen é o primeiro en saborear a lúa.
Moitas grazas familia por vir pasar un ratiño a nosa aula. Pasámolo moi ben. Ata a seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!