Esta semana tivemos unha visita inesperada nas aulas de infantil!
Clase VERMELLA
Vaia sopresa chegou da man dunha compi de 4 anos. Na súa clase apareceu unha pitiña. Entre todos buscaronlle un nome e decidiron chamarlle PRINCESA!
Lola en representación da súa clase trouxonala para que a viramos.
Quedamos todos moi abraiados.
De onde saen os pitiños? Dos ovos, claro que si. Algún neno/a tivo reparo en tocarlle pero pouco a pouco todos se foron acercando.
Dani chegou máis tarde ao cole e fomoslla ensinar á clase de 4 anos.
Moitas grazas compis de 4 por ensinarnos a Princesa.
O luns, cando chegamos, non deixabamos de escoitar un constante “pío pío” na clase. Ao principio, estabamos todos tranquilos, pensando que sería algún dos contos do noso proxecto do bosque que non paraba de facer ruído. Pero, de súpeto, algo chamou a nosa atención… ¿que sería aquilo que apareceu polo buratiño?

Resultou ser un pitiño na nosa clase. Tivemos que poñerlle un nome porque non tiña ningún. Algúns propoñían “Negrito”, outros “Princesa” e outros “Pitiño”. Tras votar entre todos, o nome máis elixido foi “Princesa”. A debuxamos e coidamos durante todo o día...
Foi un día moi especial con Princesa na nosa clase, e quixemos compartir a súa presenza cos nosos compañeiros, para que tamén puidesen coñecer e desfrutar desta pequena e inesperada visita.
Clase AZUL
Visita de Princesa na clase azul!
Debuxando á visitante!
.gif)







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!