sábado, 25 de abril de 2026

O BOSQUE CATRO ANOS

 


Esta semana estivo cargadiña de actividades!
Comezamos repasando número e letras dun xeito diferente
Xiana trouxo un traballiño onde nos explicou que na súa casa naceran pitiños como a nosa pita princesa
Polo día do libro falamos dos nosos contos favoritos, e mandei recado para que os trouxeran da casa, toda unha responsabilidade! algúns dos que se recordaron.
Cada neno e nena compartiu o seu propio conto, convertendo a actividade nun momento verdadeiramente especial. Foi precioso ver como, mesmo sen saber ler, eran quen de narrar o seu conto favorito aos seus compañeiros e compañeiras, apoiándose nas imaxes, na memoria e, sobre todo, na súa imaxinación.
Despois de estes contos eles elixiron o que máis lles gustou para facer o vídeo.

Outra das actividades desta semana estivo centrada nas series. Foi Paula quen lles explicou en que consistían e quen os foi guiando paso a paso, propoñéndolles diferentes maneiras de realizalas. Comezaron con series sinxelas, atendendo a un só atributo, e pouco a pouco foron avanzando cara a outras máis complexas, combinando dous ou máis criterios.

Deste xeito, o alumnado foi desenvolvendo a súa capacidade de observación, lóxica e atención, ao tempo que aprendían xogando.

Aquí con pegatinas

Aquí con elementos da natureza


o aprendido o pasamos ao papel
e despois contamos elementos da natureza
ICIA trouxo unhas setas moi brillantes e un conto que fixo coa súa tía!
Tamén seguemos a traballar o trazo das grafias
e xa rematando cos animais do bosque falamos das troitas

e dos mouchos



Para a semana comezaremos coas árbores!!!Boa finde.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!