Á volta das vacacións compartimos entre todos o que fixeramos, coñecemos e trazamos a letra de Jad e fixemos un ratiños moi molóns de manualidade.
Unha vez que todos nos escoitamos o ben que o pasamos nas vacacións debuxamolo en papel.
Na asamblea falamos do novo mes que comezou: abril. Seguimos na estación da primavera.
Observamos o tempo que fixo no mes de marzo, houbo moitos días de nubes.
Encargados cos seus debuxos.
Comezamos nova letra, a J de Jad. Practicando esta letra na pizarra.
Debuxando a súa cara para o chaveiro das letras.
Todos debuxando a Jad.
Decorando con gomets.
Repasando e escribindo o nome, cazando as J e pintando co dediño máxico.
Repasando o nome de Jad.
Manualidade desta semana: con hueveras imos facer un ratiño para o mural do corredor da entrada. Cada un pinta da cor que lle gusta, porque os ratos hainos de varias cores.
Deixamolos secar.
A profe coa pistola de silicona puxo os bigotes e os ollos; e os nenos, decoraron con gomet vermello as orellas. Quedaron así de molóns.
Sobre o papel, pintando os ratiños co dedo. Os ratiños da primavera.
Xa sabemos porque vemos algún ratiño de vez en cando, vén en busca de comida.
Traballando sobre o libro, falamos dalgúns animais que hibernan durante o inverno. Como é o caso do oso. Cos sellos íamos facendo o camiño para a súa cabaña.
Rematamos a semana xogando cos números e coas letras. Xogamos cos policubos a facer series, contar e construír números. Por outra banda coas letras da asamblea íamos construindo palabras mediante un modelo.
Bo finde peques! Deixamosvos con unha canción que gusta moito e esta semana foi moi apropiada: O twist dos ratoncitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!