venres, 10 de abril de 2026

Cumple de marzo, felicidades Romeo !


No mes de Marzo chegou o primeiro cumple do 2026, moitas felicidades a Romeo!

Romeo trouxo cousiñas especiais relacionadas co seu nacemento para presentalas ante os compis. Feita a presentación sacamos unha foto e gardamos o recordo cun debuxiño do que máis lle chamou a atención a cada un.



Prepararon os debuxiños para a coroa de Romeo escribiu o seu nome, colocou o número 6 e pegou 6 estreliñas.

Moi chuli!

Logo prepararon con agarimo o agasallo deste curso: unha caixiña coas pegadas e as iniciais de cada un.



Fixeron debuxiños para meter nas caixiñas.



Para a celebración do cumple ó remate do mes este curso, realizamos a rutina da volta ó sol para vivenciar cada ano de vida. 


Soplamos as velas e tivemos festa de cumple!


Moitísimas felicidades Romeo!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!