Hoxe, algunha das persoas usuarias do Centro de Día do Concello, xunto coas súas coidadoras, viñeron moi preparadas para contarnos un conto moi especial, vinculado co noso proxecto “Salvemos o bosque”.
Finn e o seu can Skip están explorando o bosque. Pero un tapir solitario e un montón de árbores que desapareceron déixanos moi preocupados.
Pronto únese a eles un grupo de animais que perderon o seu fogar. Parece que o problema é máis grave do que pensaban, un INCENDIO...
Esta foi a primeira das actividades desta semana arredor do libro, coa que comezamos a reflexionar sobre a importancia de coidar e protexer a natureza.



Queremos expresar o noso agradecemento ás coidadoras do centro de día pola súa implicación, agarimo e dedicación.
Grazas polo esforzo na adaptación do conto, facéndoo accesible para que todas as persoas usuarias puidesen lelo e desfrutalo, respectando os seus ritmos e necesidades.
Agradecémosvos tamén a preparación, o tempo investido e a ilusión coa que viñestes compartilo con nós.
É un privilexio contar con profesionais tan comprometidas, que traballan cada día co corazón.
Moitas grazas por todo.














Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!