Polo Samaín o cole transformouse en fermosas mazorcas de millo mostruosas. Grazas a todos por colaborar con nós e facer unha exposición moi creativa.
Nas aulas fixemos unhas cabazas moi máxicas, primeiro pintamos nun papel transparente e botamos un flis flis de auga e puxemos o papel encima e xa nos quedou a cabaza coloreada. Chulada!!! (Podedes velas por aulas un pouco máis abaixo.)
O luns 30 desfrutamos dunha sesión de contacontos co alumnado da E.S.O. e o conto "Lobo Feroz".
Logo desfrutamos da canción que a aquí vos deixamos.
Decoramos tamén as fiestras de infantil estampando con mazás facendo de cabazas de samaín e quedaron preciosas!
Todos xuntos!
Clase de AZUL
Na clase de azul comezamos falando da celebración o Samaín/ Halloween e co conto-canción do libro "Corre, corre cabaciña".
Logo contamos o conto "La calabaza feliz".
E fixemos a manualidade da cabaciña.
Quedou chulísima!
Tamén con cabazas feitas con mazás decoramos as fiestras de infantil. A clasae de azul decorou os cristais da porta.
Cada familia que o desexou participou na actividade de decoración de mazorcas de millo terroríficas. Foron todas moi chulas e agradecemos moito a vosa participación!
O 31 viñemos caracterizados de Samaín!
Seguimos co Samaín e cunha experiencia na que o peixiño protagonista do noso proxecto trimestral se caracteriza de pantasma para asustar a todos! Preparamosos peixiños e fixémolos brilar e moverse con imáns.
Aquí con luz e logo na escuridade e con luz negra.
Quedaron moi chulos!
Clase de VERMELLO
Cada familia voluntariamente elaborou creacións a partir das mazorcas de millo. Moitísimas grazas polas vosas aportacións. Os nenos/as comentaron como a fixeran e despois colocámola nas mesas para a exposición.
Un paseo pola exposición...
Na clase facendo unhas cabazas moi divertidas. Pintamos nun papel transparente e botamos un flis flis de auga e ao poñela encima... maxia, xa nos quedou pintanda.
Logo picámola.
O martes colocamos ollos e fixémoslles unha boca super monstruosa para ensinarvola a todos/as na casa.
Decorando unhas das ventás que dan o noso patio. Fixemos cabazas con unha metade dunha mazá. Que artistas estes peques!
Un recordo das nosas cabazas molonas.
Os días previos de samaín escoitamos diversas cancións e lemos algún conto. Un deles foi o de "Corre, corre cabaciña". Fixemos grafismos con unha cabaza: cadrados, triángulos, círculos....
Queda moi decorada a nosa aula.
O martes chegastes ao cole moi guapos/as.
Unha última experiencia para deixar o samaín. Picamos e coloreamos un pantasma_peixearcodavella (recordando ao noso proxecto).
Xogamos co imán para que voase e bailase.
E mirade como brila na oscuridade.
BUUUUUU!!!!!
A estes peques aínda lles queda unha semana máis para seguir asustando con estes pantasmas feitos na clase de inglés, para a semana rematan os que faltan.
Clase de VERDE
O longo destes días foron chegando mazorcas monstruosas ao colexio, moitas grazas pola vosa colaboración!
Fixemos unha experiencia pintando con rotus das cores de outono nun plástico, despois botamos auga e...maxia.
Así quedaron as cabazas de coloridas.
Despois fixemos unhas bocas monstruosas e ollos.
Aproveitamos para decorar as nosas ventanas e fixemos un campo de cabaciñas, así nos quedaron.
Todas as semanas traballamos os grafismos, que son formas o simbolos que nos axudan a practicar o control da motricidade fina, nesta semana traballamos sobre unha cabaza.
E chegou o día de Samaín e viñemos todos moi guapos/guapas
Visitamos a exposición de MAZORCAS DE MILLO
e aos alumnos/as máis maiores para ver a súa decoración das portas do colexio e un aula terrorífica
Coa profe Cova tamén traballaron o Samaín con esta fermosa actividade plástica
e para rematar o peixe arco da vella caracterizouse de PANTASMA que voaba e brillaba na escuridade (coloreamos con fluorescentes, recortamos e luz negra)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!