Esta semana veu de visita a mamá de ANA e MARA.
Primeiro contaron o conto "BAJO EL MAR",
despois falamos dos animais do fondo do mar que aparecian no conto
e eleximos un para facer unha manualidade unha MANTA RAIA coa axuda de ANA
Primeiro ANA pegoulles a cola e despois a pintaron, finalmente pegaron os ollos e a deixamos secar
Así de ben quedaronMOITAS GRAZAS POR VIR A NOSA AULA A PASAR UN RATIÑO CON NOS!!!
SAMUEL D. trouxo un PUZLE de cen pezas, necesitamos a axuda de todos para facelo, pero o final conseguímolo!!
Traballando co conto do peixe arco da vella chegamos a unha cova e nela vianse dous ollos brillantes de quen serán?Do POLBO que lle dixo que lle derá unha escama brillante aos peixes que sería máis feliz
o peixe azul volveulle pedir unha escama brillante ainda que seña pequeniña
LEO trouxo outra manualidade para o recuncho
CARLA trouxo un conto de patrulla canina onde onde temos que buscar as cousas do mar
SAMUEL trouxo unha PELI!!!
LUCAS trouxo un conto do fondo do mar e siguenlle a gustar moito os tesouros
Tamén esta semana fixemos grafismos nun cogomelo de outono
Tamén nos oceanos atopanse barcos, e esta semana fixemos unha actividade de reciclaxe con tapóns de botellas de auga para crear os nosos barcos, primeiro decoramos a vela con rotulador, despois recortamos e picamos as partes do barco e finalmente puxemos a bandeira.
unha vez feitos tiñamos que comprobar que navegaban, así que cada un soplou o seu barco polo cachiño de oceano que tiñamos na clase
e así soplamos os nosos barquiños!!!A semana pasada tivemos a visita de Maximus, a mascota do Breogán, que nos trouxo un contedor de reciclaxe de escritura; podemos meter bolis, rotus, fluorescentes, etc. Deixovos o enlace do blog da biblio onde temos a visita que nos pasou a saudar e bailar con nós.
Dende a casa podedes mandar nas bolsas deste material para encher o contenedor de reciclaxe.
BOA FIN DE SEMANA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!