sábado, 25 de novembro de 2023

Día Contra a Violencia de Xénero.

Este curso, para conmemorar este día, creamos unha porta que pintamos os máis peques do cole. Por aulas fixemos diferentes chaves con palabras para decir basta a violencia de xénero.

Pintando a caixa que será a porta para que abran estas chaves da non violencia:



Preparando as chaves en cada clase.

Na clase de azul eliximos unha palabra curtiña de entre varias. A que máis nos gustou foi a palabra  "AMABLE" como palabra clave contra a violencia.

Orgullosos e orgullosas do seu traballiño!


Na clase de vermello, fixemos un pequeno debate para tratar este día. Despois de varias ideas que puxemos en común, eleximos a palabra para a nosa chave. A palabra que decidimos poñer foi MULLER.

Pintando a chave para decorar con brilli brilli nos bordes.Decorando a parte de atrás coas nosas huellas.

Facendo as letras coa plasti da palabra elexida na nosa clase.
Facendo o símbolo da muller.

Na clase de verde a palabra elexida para a chave saíu despois de contar o conto de ENAMORADOS. Gustounos tanto que decidimos contalo para os nosos compis de infantil. Neste conto vimos a importancia de ser amigos, por iso a nosa palabra elexida para a chave é AMIZADE.

Na sesión de contacontos.

Xuntiños por clases tras o conto!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!