xoves, 30 de novembro de 2023

O Peixe Arco da Vella: manualidades, experimentos entre burbullas e mareas!


Nestes días fixemos un montón de actividades!
Unha das cousas que fixemos foi que rematamos o conto do peixe arco da vella!
 
Decidimos facer dous barcos para o noso recanto do mar: un barco para ir de viaxe ou de pesca e un barco pirata. Fixémolo reutilizando cartóns e pintando con témperas,

Taballaron duro e quedaron xenial. Xa xogan un montón con eles e co resto de mateiriais do recanto!

Aquí posando mariñeiros e piratas!

Estudamos máis polo miúdo os nosos animais do mar favoritos como o tiburón, o polbo, o delfín ou a tartaruga...
Para facer estes traballiños en papel primeiro falamos do que saben sobre cada animal que elixiron e logo buscamos imaxes que examinamos e vemos vídeos sinxelos para sacar información. Aquí os favoritos!


Fixemos uns peixes chulis para o recanto do mar reutilizando cartóns de papel hixiénico.

Quedaron moi ben!



Polo medio conmemoramos o día do neno. Falamos dos dereitos que teñen e fixeron debuxiños deles mesmos que decoran xa a clase.



Seguimos recibindo materiais. HUGO presentou un mural fermosos que fixo coa súa familia. Serviunos para traballar vocabulario do mar, contar, recoñecer cores...

Fixemos un experimento!
Cada un elixiu un animaliño do mar e con vinagre e bicarbonato fixémolos nadar  e buburbuxear, case parecían vivos!


Nestes días tamén elaboramos mares en botellas!
Primeiro pintaron un peixiño arco da vella e un azul como os do conto
Logo unha vez plastificados metérono en botellas que reutilizamos xunto cunhas caracolas de distintos tamaños e un par de estreliñas de mar.
LLogo, un por un forosn rematando as botelliñas. Mesturaron auga e colorante azul e introducirono na botella, logo puxeron un pouco de brillantina para darlle un toque máxico, engadiron aceite corporal e listo! Puxemos todo perdido pero estivo moi divertido e encantounos facelo!


Quedaron espectaculares e de verdade parecen mares dentro de botellas!





Esta semana a profe Lucía visitounos para falarnos da LENDA da MARUXAINA!
Contounos a lenda, amosounos imaxes e púxonos un vídeo da serea MARUXAINA cos Lunnis!
Amosounos a caracola ou corno e escoitamos a nosa voz con ela na orella e tentaron facela soar.
Logo púxonos unha canción para bailar da MaRUXAINA que nos encantou bailar!
Grazas profe Lucía!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!