Comezamos a semana falando do día da infancia, falamos dos nosos dereitos e debuxámonos, elaboramos tamén un marco de formas xeométricas.
Seguen chegando cousiñas da casa:
Noa fixo coa súa mamá estes dous delfíns. Moi decorados e moi brillantes.
Pablo trouxo un conto que contaremos nuns días.Noa pola tarde fai moitas manualidades para ensinárnolas no cole. Este peixe tan colorido fíxoo coa súa mamá. Ten moitas cores.
Thiago trouxonos un contiño que contaremos nuns días.
Martina contou o seu conto. Na ficha do conto debuxamos un tiburón.
Luca contou o conto de Trota, descubrimos un pouco máis sobre as focas. Na ficha do conto debuxamos unha foca.
Samuel contounos o seu conto dos tiburóns. Na ficha do conto debuxamos un tiburón.
Moitísimas grazas familias!!!!Repasando polos puntiños de moitas cores para facer un peixe chulísimo.
Peixe arco da vella regalou as súas escamas brillantes aos diferentes peixiños. Sintíase moi feliz.
Coñecemos os cangrexos:
Profundizamos con unha canción:
Debuxámolo na ficha do vocabulario e buscámolos na recanto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!