domingo, 26 de novembro de 2023

Paseando e investigando: Saída de outono!


O xoves saímos a investigar o que había por fóra do cole. Para iso, no cole puxemos unhas pulseiras de celo na nosa muñeca. En cada paso íamos pegando nela o que atopamos: froitos, follas, flores...para investigar o venres nas nosas aulas.

Pulseiras da clase de azul!

Atoparon moitas cousas!

Clasificando o que atoparon segundo a cor.
Fixérono xenial!


Buscaron en libros elementos da natureza que observamos na saída de outono.

Pulseiras da clase de vermello!

Cando chegamos a aula:

Un montón de pulseiras para investigar:
Investigando na aula por grupiños: clasificamos por cores, buscamos nos libros follas e froitos iguais ou semellantes...



Pulseiras da clase de verde!



Investigando e clasificando por cores todo o que atopamos no paseo







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!