venres, 10 de novembro de 2023

O Peixe Arco da Vella: investigando o fondo marino e experimentando.


Seguimos co proxectiño, e traemos moitas novidades!
Continuamos co conto e chegamos á páxina na que o peixiño se atopa cun pulpo. Nesta ocasión exploramos sobre os pulpos, contamos as patas, e fixemos un experimento con luz negra.

Aquí unha canción que nos gustou.

Seguimos co Samaín e cunha experiencia na que o peixiño protagonista do noso proxecto trimestral se caracteriza de pantasma para asustar a todos! Preparamosos peixiños e fixémolos brilar e moverse con imáns.
Aquí con luz e logo na escuridade e con luz negra.

Quedaron moi chulos!


Aproveitamos estos días para achegarnos a outra criatura marina que sae en contos e películas: as sereas!
Lemos o conto "A orixe das sereas".
Traballámolo en clase e aproveitamos para fixarnos nos animais que aparecen.

Aquí preparando unha imaxe personalizada para decorar a nosa clase.

Moi chulis!



Tamén estivemos a confeccionar un mural do mar para decorar o noso recanto do mar.

Primeiro decoramos a parte de auga con azul e branco.



Nestes dias chegaron máis cousiñas.

EREA tróuxonos un conto que nos gustou moito! Contámolo e serviunos para repasar distintos animais e elementos do mar.

Fixámonos nos peixiños que saen nos contos e nas manualidades e engadimos uns peixiños chulis para que naden un pouco. 


Así temos xa decorado o recanto do proxectiño!



Seguimos co contiño e con contidos que temos que ir traballando...

MARTINA mostrounos unha manualidade moi chula dunha tartaruga mariña que fixo coa súa familia. Explicou como a fixo e tocámola. Logo falamos do que sabiamos destes animaise buscámolas en Internet.

Como estamos a decorando o recanto do MAR decidimos facer unhas minitartarugas semellantes á de Martina. Punteámolas cun rotu de brillantina e pintamos uns caparazóns  cada un coa cor que decidiu.

Unha vez montadas quedaron moi chulas!

O recanto queda moi chulo con máis animais!
Nestes días tamén falamos dos barcos como vehiculo para movernos polo mar. Fixemos uns VELEIROS moi chulos para que os fixeran navegar.
Para facelos, picaron a VELA e o BOTE.  Logo  decolaron a vela co rotus de cores. Montáronse con tapóns das botellas que traen e que imos gardando. Elixiron a cor do tapón e quedaron xenial! 


Hoxe fixémolos navegar con sopridos e foi moi divertido!!!



E navegaron!


Tamén estamos traballando a diario coa Asemblea de aula ambientada en moitas partes con elementos do proxecto.

Comezamos coa canción de benvida, saudando un por un ós compis de clase e colocando cada animal de cada emoción segundo nos responde cada enneo e nena como están ou nos parece que se atopan polo xesto.



Seguimos escribindo o noso nome, xogando co son das letras. Logo contamos as letras e levamos un peixiño de cores ata o número que toca.



Seguimos cantando a canción dos días da semana e colocando unha das figuras relacionadas co mar no día que sexa.

Colocamos o tempo que fai e recitamos o pareado cos xestos...

Despois toca traballar as formas. Nomeámolas e colocamos cada debuxiño na figura que sexa máis adecuada.

Sigue a quenda dos números e para iso o dado danos o nñumero que nos toca. Contamos os puntiños e metemos na paixeira tamtos animais do mar como corresponda. Logo acostumamos a bailar unha canción de números.


Rematamos facendo "ximnasia de lingua" coa pantalla ou con outros xogos.


Imos completando a asemblea con cousiñas novas segundo se asenta o que xa está metido.
Continuará...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!