Esta semana veu de visita o papá de Dario, xuntos contaron o conto "UN DÍA EN EL OCEÁNO"
Primeiro xuntos contaron o conto
O delfín perdera a súa mamá e os animais do océano axudaron a atopalo.
Logo DARIO amosounos as páxinas do conto e falamos de todos os animais que ian aparecendo
Como actividade fixemos unha tartaruga que primeiro a pintamos
logo recortamos
decoramos o seu caparazón (tapóns de leite reciclados) con brillantes
e así de bonitas quedaron
Foi xenial facer a actividade co papá de DARIO, volve cando queiras!!
Ademais do conto tamén deixaron no noso recuncho un libro onde se pode ver como é o golfiño por dentro.
Esta semana seguimos traballando co conto do peixe arco da vella cando o peixiño azul lle volve a pedir unha escama moi moi pequeniña brillante e finalmente dalle unha pero lle di que non lle pida máis.
e tamén usamos as acuarelas co peixiño azul e o arco da vellaTamén buscamos os peixiños azuis iguais e completamos o puzzle do peixe arco da vella
CLAUDIA trouxo un conto moi interesante onde abriunos varios campos de investigación, os barcos que tamén están nos oceanos,
as aves
e as lendas do mar,
e aproveitando que tiñamos a LUCÍA na aula contounos unha de Galicia que coñece moi ben a da MARUXAINA.
Primeiro contoulles a historia e despois ensinoulla na pantalla
Tamén escoitamos algunha canción
https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-maruxaina/4348342/
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!