A pasada semana conmemorouse a Semana da Prensa e fixémolo con distintas actividades nas aulas de infantil.
CLASE de VERDE
Falamos se coñecían a palabra xornal (algún neno dixo que tiñan na casa e que servían para ler) e as revistas, que coñecían as dos xoguetes que moitos teñen tamén na súa casa para escribirlle a Papa Noel.
Despois amoseilles un xornal de verdade e repartimos a sección de DEPORTES onde intentamos leer as noticias a través das súas imaxes.
Logo vimos moitas letras, intentamos atopar a primeira do noso nome e despois a dos compañeiros.
Relacionado co noso proxecto falamos dunha muller importante que coida do noso corpo facendo experimentos e creando medicinas para curarnos cando estamos malitos: MARIA JOSË ALONSO. Adicámoslle una folla para o xornal puxemos o seu NOME...
Para rematar tamén utilizamos o xornal como un soporte estupendo para facer un debuxiño!
CLASE de AZUL
Na clase de azul comezamos falando das noticias, do que eran e de como nos podíamos enterar do que pasaba no mundo. Saíron moitas ideas: telediario, as noticias nos teléfonos móviles, os xornais, as revistas, etc.
Falaron dalgunhas noticias que escoitaran na casa e falaron de accidentes, de bombas, de tormentas... Logo fixámonos nun xornal para ver as súas partes: nome do xornal, data, título, corpo da noticia, imaxes da noticia...Tras isto, completamos unha noticia para gardar de recordo da conmemoración da Semana da Prensa. Fixémolo coa científica da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso que recentemente foi premiada polos seus logros arredor das vacinas e menciñas relacionadas co VIH, cancro e COVID -19 entre outras enfermidades.
Investigamos sobre ela para saber sobre a súa labor e a súa relación co noso proxecto. Buscamos imaxes para que a nosa se parecerá a ela o máis posible. Traballaron moi duro e quedoulles un xornal estupendo!!!
CLASE de VERMELLO
Comezamos falando do que significaba a palabra PRENSA, os nenos/as dixeron que eran as noticias. Despois dun pequeno debate chegamos a conclusión que hai noticias boas pero ás veces temos que ler noticias non tan boas, noticias tristes.
Observamos como e cales son as partes do xornal para pasar as diferentes partes dun. Nunha das páxinas aparecía un cerebro e dado que estivemos falando moito del estos días recoñecérono ao instante. Gustoulles ver as imaxes xa que as asociaban a elementos coñecidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!